martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

1ª AUTONÓMICA INFANTIL-PLAY OFF

Deu a cara contra o líder Arenteiro (2-0)

Bo partido do Pabellón "B" no campo da Uceira contra un Arenteiro líder da táboa (2-0) que resolveu este choque do Play Off da 1ª Autonómica Infantil cun gol en cada tempo.

Os de Rubén García fixeron un esforzo moi grande para firmar un dos mellores partidos do que vai de competición pese ao contra tempo de non contar coa presenza do seu porteiro. Costoulle trabalo ao equipo carballiñés sacar adiante o partido e prácticamente co primeiro tempo finiquitado chegaría o primeiro tanto local.

Na segunda metade mantívose o guión pese ao maioritario dominio do Arenteiro, que incrementaría distancias cun segundo tanto mediado este periodo. Ver ficha técnica. O equipo é décimo na táboa deste Play Off. Ver clasificación.

Deu a cara contra o líder Arenteiro (2-0)