martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

O CD Espadana levouse os tres puntos (2-3)

Derrota do Pabellón CF da Terceira Galicia nos Remedios diante do CD Espadana (2-3) nun partido no que o rival xogou con dez case media hora. Santi e Óscar Vivián anotaron os goles.

Inesperada derrota dos pabellonistas diante dun rival que levaba cinco xornadas sen gañar. Tamén é certo que os de Charli Álvarez, no que debutaba Shuster e con catro xuvenís, teñen a enfermería a tope coas baixas de Carlos Conde, Montero, Moncho, Javi Conde, Iván e Felipe. Para colmo de males á media hora de xogo Chicho tivo que abandoar o terreo de xogo mancado nunha man.

Xusto un minuto despois do troco o Espadana situouse por diante no marcador e Santi igualaría o choque un par de minutos antes de chegarse ao descanso. O arranque do segundo tempor foi esperanzador para os nosos xa que Óscar Vivián conseguía o tanto que daba vantaxe (2-1) e que parecía que podía encarrilar a vitoria.

Sen embargo, no ecuador desta segunda metade os visitantes anotarían dous goles que lles daba de novo vantaxe, o segundo deles de penalti e cando o Espadana xa xogaba con dez pola expulsión dun xogador. Con case media hora por diante os pabellonistas quixeron pero non puideron e os puntos voaron. Ver ficha técnica.

Despois desta derrota, segunda consecutiva, o equipo sae da zona de ascenso directo. Ver clasificación. Na próxima xornada visitan ao Sporting Vilamarín "B".

O CD Espadana levouse os tres puntos (2-3)