Martes. 25.06.2019 |
El tiempo
Martes. 25.06.2019
El tiempo

TORNEO DELEGACIÓN INFANTIL

Será a partido único no Luis Bodegas

O CF Monforte será o rival do Pabellón "B" nas semifinais do Torneo Delegación Infantil. Os nosos, ao igual que os lucenses, remataron como primeiros clasificados do Grupo deste torneo que se desenvolveu nunha primeira fase de Liga a unha soa volta.

A cita en terras monfortinas a partido único será o vindiero fin de semana no Luis Bodegas. Os de Rubén García fixeron un pleno de vitorias contra os tres rivais do grupo despois de superar na última xornada (2-9) ao Ourense CF "C" no campo de Oira.

Os nosos dominaron a cita de principio a fin e ao descanso o partido estaba moi encarrilado (0-3). Na reanudación as diferenzas foron maiores. Hugo (3), Ribao (2), Guzmán (2), Cerdeira e Matías foron os goleadores. Ver ficha técnica.

Será a partido único no Luis Bodegas