martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

FÚTBOL 8

Os equipos de Fútbol 8 deron un nivel alto

A xornada da pasada fin de semana deixou un balance moi positivo para os nosos equipos nas diferentes categorías do Fútbol 8, encaixando soamente unha derrota en dez partidos.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Vitoria cómoda do Pabellón CF nos Salesianos (0-6) contra o AD Bosco nun partido no que ao final da primeira metade os de Antonio Parrilla xa anotaran catro tantos como froito do intenso dominio que exerceron tanto nesta fase como na segunda. Amorín, Dosantos, Vivián, Hugo, Pablo e Samuel foron os goleadores.

Pola súa parte, o Pabellón Promesas volveu a remontar un marcador adverso no campo de Eiróas (3-5) contra o CD Santa Teresita. O partido foi moi complicado para os de Anxo Valcárcela xa que a diferenza física e o campo encharcado foron dous factores adversos que levaron a un marcador de 3-1. Antes do descanso chegaría o segundo dos nosos para o 3-2.

Na segunda metade o equipo tirou de coraxe e moito máis enchufados e adaptados ás circunstancias, conseguiron darlle a volta ao marcador. Nico (2), Pablo e Xoel anotaron os tantos.

2ª AUTONÓMICA ALEVÍN
O Pabellón CF "B" superaba nos Remedios (5-0) ao AD Bosco "B" nunha cita controlada en todo momento polos de Jorge Manuel. Mikel (2), Breogán (2) e Aitor marcaron os tantos.

Reparto de puntos na Uceira entre CD Arenteiro "B" e Pabellón CF "C" (1-1). Ao final da primeira parte non se movera o marcador pese a que os nosos disfrutaraon de varias ocasións para marcar. Na segunda metade pero foron os locatarios quenes sacaron partida de un fallo para adiantarse e posteriormente o gol de Anxo para os de Marcial González permitiu nivelar a contienda e incluso houbo ocasións para sumar os tres puntos pero a falta de acerto no remate penalizou aos branquiverdes.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Foi moi superior o Pabellón CF á EDC Verín nos Remedios (11-1). Os de Gabriel Prada levaron totalmente a iniciativa creando moitas ocasións de gol que non foron desproveitadas. Mauro (3), Damián (2), Nico (2), Dani, Alexandre, Izan, e Matías foron os goleadores.

Primeira vitoria, e con solvencia, do Pabellón Promesas na súa visita ao CF Monforte no Luis Bodegas (1-7). Os de Quique Serantes levaron o peso do partido en todo momento. Os goles foron materializados por Mateo (2), Carballo (2), Diego, Jesús e 1 pp.

2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
O Pabellón CF "B" fixo valer a súa superioridade contra a SD Nogueria para obter unha vitoria cómoda. Álex (5), Mario, Adrián, Iván, Iker González, Iker Rodríguez, Marcos e Ian foron os goleadores.

Derrota do Pabellón Promesas "B" na Uceira diante do CD Arenteiro "B" (7-1). Os de José Salgado aguantaron ben a primeira metade (2-1) pero na segunda suncumbiron ante o empuxe da escuadra local. Juan Andrés fixo o gol dos nosos.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
Amplo triunfo do Pabellón CF nos Remedios contra a EDC Verín (13-0). Os de Enrique Silva foron claros dominadores creando moitas oportunidades de gol que non desaproveitaron. Xián (4), Kevin (3), Saúl (3), Pablo, Sergio e Hugo anotaron os tantos.

O Pabellón Promesas esterou o seu casillero de vitorias despois de vencer en Oira ao CD A Purísima (1-6). os de Marcos Cudeiro estiveron a boa altura durante todo o partido para levarse un cómodo triunfo. Daniel (2), Gael (2), Nico e Mateo foron os goleadores.

 

Os equipos de Fútbol 8 deron un nivel alto