El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fútbol 8 / Resumo da xornada

A representación branquiverde tivo unha fin de semana moi propicia

A representación branquiverde tivo unha fin de semana moi propicia

Vitoria do Pabellón CF no Luis Bodegas (1-4) na visita ao Monforte dentro do Play Off da 1ª Autonómica Alevín. Os de Jesús Rivera tiveron que esperar á segunda parte para sentenciar o choque. David, Unai, Martín e José anotaron os tantos. No Torneo Ourense Alevín, o Pabellón Promesas resolvía o seu choque co Barbadás nos Remedios cun solitario tanto (1-0) anotado por Iglesias no tramo final da primeira metade.

Bo balance para os nosos equipos de 2ª Autonómica Alevín con sendos triunfos a domicilio. No Play Off o Pabellón "B" solventaba con máis facilidade da prevista (0-7) o partido no Cardenal Quiroga contra un Maceda co que perdera na primiera fase da competición. Nico (2), Iker (2), Samuel (2) e Borja foron os goleadores. Pola súa parte, no Grupo 43 o Pabellón "C" facíase cos tres puntos nos Escolapios (4-5) co Calasancio "B" nun partido moi aberto e no que os de Xabi Pereira foron de menos a máis. Kevin, Iker, Ricardo, Aitor e Borrajo reparatíronse os tantos.

Na 1ª Autonómica Benxamín vivíronse a dúas caras da moeda. No Play Off o Pabellón CF caía na Granxa (2-1) co Verín nun partido que se decidiría na segunda metade. Saúl foi o goleador branquiverde. Máis fácil (8-1) resultou o choque do Pabellón Promesas contra o Arenteiro nos Remedios no Torneo Ourense Benxamín. Os goles chegarían por medio de Dani (4), Iker, Nico, Teo e Héctor.

Dentro da 2ª Autonómica Benxamín o Pabellón "B" pechaba a primeira volta  invicto no Play Off cun novo triunfo (5-1) contra a UD Ourense "B" nos Remedios, nun partido nos que os visitantes comezarían marcando pero antes do descanso os de Abel Afonso xa mandaban no marcador. Nico (2), Gabriel, Martín e Simón foron os goleadores. Peor fortuna correu a xoven escuadra do Pabellón Promesas "B" no Grupo 43 ao caer na Moreira (7-0) contra un Xinzo "B" que foi superior.

Finalmente, no Play Off da 1ª Autonómica Prebenxamín o Pabellón CF resolvía con soltura (8-1) o seu compromiso co Arenteiro nos Remedios para acabar a primeira volta sen coñecer a derrota. Pablo (3), Santi (2), Mario, Carballo e Sergio anotarían os tantos. Nesta xornada o Pabellón Promesas tivo descanso no Torneo Ourense Prebenxamín.

 

Fútbol 8 / Resumo da xornada