Lunes. 22.04.2019 |
El tiempo
Lunes. 22.04.2019
El tiempo

Fútbol 8 / Houbo de todo na xornada

Os nosos representantes obtiveron un balance de 5 vitorias, 2 empates e 3 derrotas

Os nosos representantes obtiveron un balance de 5 vitorias, 2 empates e 3 derrotas

Vitoria cómoda do Pabellón da 1ª Autonómica Alevín no Play Off no partido disputado nos Remedios o domingo pola tarde (7-0) contra o conxunto de A Purisima. Os goles chegaron por medio de Yeray (2), David, Adán, Xabi, Hugo e 1 pp. No Torneo Ourense ao Pabellón Promesas escapouselle a vitoria (2-2) contra a EDC Xinzo, un rival moi fisico, no tempo de desconto por medio dunha pena máxima despois de ter unha renda de dous goles anotados por Marcos Queija e Nouel.

En canto aos equipos da 2ª Autonómica Alevín no Play Off o Pabellón "B" vencía nos Escolapios (3-5) ao Calasancio "C" con tantos de Nico (2), Iker, Mateo Álvarez e Mateo Dosantos. A fortuna non estivo co Pabellón "C" no seu partido co Ribadavia Atlético (1-3). Con empate a un tanto -gol de Aarón- os nosos desperdiciaron un penalti e tamén tiveron moitas ocasións para facerse cunha vitoria que parecía xusta dado o bo xogo que estaba a desenvolver o equipo. Sen embargo, os visitantes acabaría levándose ao vitoria.

Os conxuntos da 1ª Autonómica Benxamín sumaron unha vitoria e un empate. No Play Off o Pabellón foi superior ao Bosco (12-0) con tantos de Pablo (5), Leo (2), José (2), Guille (2) e Xoel. Mentres, o Pabellón Promesas rescatou un punto a última hora (3-3) ao anotar dous goles que permitiron a igualada. Dani fixo un hattrick.

Dentro do Play Off da 2ª Autonómica Benxamín o Pabellón "B" superaba nos Seixo ao Allariz (1-2) nun choque entre os dous primeiros clasificados e invictos. Gabriel fixo os dous tantos para os nosos. Pola súa parte, no Torneo Ourense o Pabellón Promesas "B" viuse superado polo Ribadavia Atlético (1-3) nos Remedios. Álex marcou o tanto dos pabellonistas.

Finalmente, os nosos representantes da 1ª Autonómica Prebenxamín viviron a cara e cruz. O Pabellón vencía no Miraflores (1-2) á UD Ourense con goles de Hugo e Álvaro e o Pabellón Promesas cedía ante o empuxe do Allariz Allariz (8-1) no Seixo. Mauro foi o goleador. 

Fútbol 8 / Houbo de todo na xornada