El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

Fútbol 8 / Balance moi positivo

Os equipos seguen crecendo e sumaron sete vitorias, dúas derrotas e un empate nos dez partidos disputados

Os equipos seguen crecendo e sumaron sete vitorias, dúas derrotas e un empate nos dez partidos disputados

O Pabellón da 1ª Autonómica Alevín vencía a domicilio (0-6) dentro do Play Off ao Arenteiro nunha cita encarrilada na primeira metade (0-4). David (2), Xabi, Unai, Adrián e Adán foron os goleadores. No Torneo Ourense Alevín un solitario gol de Hugo na primeira parte permitiulle ao Pabellón Promesas superar nos Remedios (1-0) a un combativo Ribeiro.

Referente aos equipos da 2ª Autonómica Alevín, cara e cruz para os nosos representantes. O Pabellón "B" tivo que remontar dous goles adversos do Verín "B" nos Remedios dentro do Play Off para acabar resolvendo con solvencia (8-2). Ao descanso o marcador era de empate a douses. Nico (2), Mateo, Amorín, Diego, Dosantos, Iker e Borja repartíronse os tantos. Mentres, o Pabellón "C" caía no campo de O Marco (3-2) na súa visita ao Peroxa. Ao descanso o cadro local vencía pola mínima. Iker e Mikel anotaron os tantos dos nosos.

Tamén os nosos representantes da 1ª Autonómica Benxamín viviron as dúas caras da moeda nesta xornada. No Play Off o Pabellón dobregaba en Oira (1-8) ao Ourense CF nun choque que tiña encauzado ao descanso (1-4). Dani (2), Leo, José, Anxo, Pablo, Guillermo e José anotaron os tantos. No Torneo Ourense Benxamín o Pabellón Promesas cedía na segunda parte (4-1) no partido contra a ED Promesas no Miraflores. O único tanto dos nosos foi obra de Izan.

Finalmente, os conxuntos branquiverdes prebenxamís fixeron pleno nos seus partidos. No Play Off o Pabellón solventaba favorablemente (5-2) o seu choque co Santa Teresita nos Remedios con tantos de Mario (2), Carballo (2) e Pablo. Na cita do Torneo Ourense o Pabellón Promesas superaba tamén nos Remedios (4-2) ao Velle. Nico (3) e Aarón foron os goleadores.

Fútbol 8 / Balance moi positivo