El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

Fútbol 8 / Alirón na 1ª Alevín

O Pabellón CF proclamouse campión a dúas xornadas do final da competición

O Pabellón CF proclamouse campión a dúas xornadas do final da competición

1ª Autonómica Alevín (Pabellón 5-0 ED Ourense)

Os de José Dopazo impuxéronse a un rival moi correoso e proclamáronse campións de Liga a falta de dúas xornadas para o final da competición. Ao descanso xa tiñan unha suculenta vantaxe (3-0) que ampliarían no segundo tempo. Ibai (3), Álvaro e Manuel marcaron os tantos. Felicitar a xogadores e corpo técnico. Ver clasificación.

1ª Autonómica Alevín (EDC Verín 4-0 Pabellón Promesas)

Aguantou ben na primeira parte o conxunto de Abel Afonso nun periodo que remataría con vantaxe mínima (1-0) dos locatarios, que na segunda parte marcaron distancias con tres dianas máis. Ver clasificación.

2ª Autonómica Alevín (Pabellón "B" 5-0 Nogueira)

Ata a segunda metade non puideron resolver o partido os de Jesús Rivera diante dun rival que durante moito tempo estivo metido no partido. No primeiro tempo os pabellonistas mandaban cun solitario tanto e na segunda incrementaron o seu dominio para resolver as situacións de gol pese á gran actuación de Rocío na portería dos de Luintra. Julián, Miguel, Páramo, Hugo e José marcaron os tantos. O equipo lidera o Grupo 46. Ver clasificación.

1ª Autonómica Benxamín (Pabellón 9-2 ED Ourense)

Os de Manuel Doval resolveron con catro goles na primeira metade e cinco na segunda un partido no que sempre levaron a iniciativa. Nico (3), Borja (2), Iker (2), Fabio e Martín foron os goleadores. Ver clasificación.

1ª Autonómica Benxamín (EDC Verín 5-3 Pabellón Promesas)

Un dos mellores partidos da tempada da xoven escuadra pabellonista resultou insuficiente para puntuar no campo de A Granxa diante dun rival moi forte. Os locatarios foron máis prácticos con xogo directo a con accións a balón parado -marcaron tres goles así- fronte ao xogo combinativo dos de Figo e ao descanso o marcador era favorable para os verinenses (3-1). Na segunda metade non cambiaría o decorado. Dani (2) e Leo marcaron os goles. Ver clasificación.

2ª Autonómica Benxamín (CD Rúa 3-3 Pabellón "B")

os de Rubén García sumaron un punto no campo de O Aguillón na última xornada de competición nun partido moi igualado no que os valdeorreses aproveitaron ao máximo as ocasións de perigo para sacar rentabilidade no marcador. Os pabellonistas non estiveron moi finos na resolución e aínda así Enzo, Lecompte e Aitor maracarían os tantos dun partido que ao descanso (2-2) xa apuntaba á igualada. O equipo rematou a competición nun meritorio cuarto lugar. Ver clasificación.

2ª Autonómica Benxamín-Copa Deputación (Pabellón Promesas "B" 1-0 Santa Teresita "B")

Primeiro partido da Copa moi emocionante e incerto ata o pitido final que acabaría decantándose para os locatarios co gol de Martiño na primeira metade. Ver clasificación.

Play Off -1ª Autonómica Prebenxamín (Pabellón 2-2 ED Ourense)

Escaso premio ao dominio que exerceron os branquiverdes ao longo de todo o partido contra un rival que ao descanso mandaba no marcador (0-2) cun gol en propia meta e outro nunha falta de entendemento na zona defensiva local. Na segunda metade os de Parrilla equilibrarían o partido cos goles de Alexandre e Damián e ando o choque remataba tiveron a vitoria nun balón que petou na madeira. Ver clasificación.

Torneo Ourense Base Prebenxamín (Arenteiro "B" 2-8 Pabellón Promesas)

Os de Enrique Silva remataron a fasxe de grupos sen coñecer a derrota despois de sumar os tres puntos na Uceira. Ao final da primeira metade os pabellonistas tiñan o partido moi encarrilado (1-4) e na segunda metade repetiríase o parcial. Diego (2), Héctor, Izan (2), Iker e Marcos anotaron os goles. Ver clasificación. A próxima fin de semana afrontarán o partido de ida das semifinais no campo da ED Ourense "B".


Fútbol 8 / Alirón na 1ª Alevín