El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

Fútbol 8 / Bo papel dos nosos na fin de semana

O Promesas prebenxamín trouxo dous goles de renda da ida das semis do Torneo Ourense Base

O Promesas prebenxamín trouxo dous goles de renda na ida das semis do Torneo Ourense Base

1ª Autonómica Alevín (EDC Xinzo 0-3 Pabellón)

Co título no bolsillo os de José Dopazo fixeron o xusto para traerse os tres puntos nun partido no que ao descanso dominaban pola mínima (0-1). Na segunda parte chegarían dúas novas dianas. Cougil (2) e Serawit foron os goleadores. Ver clasificación. Este sábado afrontan a última xornada de competición.

1ª Autonómica Alevín (Pabellón Promesas 5-2 Ribeiro)

Traballada e xusta vitoria para os de Abel Afonso nos Remedios contra un correoso rival que soamente cedeu avanzada a segunda metade. Os pabellonistas petaron cinco balóns na madeira da meta rival na primeira parte. Guzmán (2), Hugo Viso, Adrián e Ribao anotaron os tantos. 

2ª Autonómica Alevín (Celanova 2-4 Pabellón "B")

Partido moi disputao no anexo do San Rosendo no que os de Jesús Rivera sairon moi intensos, o que lles permitiu adquirir unha renda de tres goles que ao final resultaría decisiva. Con esa diferenza os locatarios, que nunca se foron do partido, incrementaron a presión (1-3 no descanso) pero os pabellonistas estiveron moi ben en defensa e levando moito perigo nas contras, chegando o cuarto tanto nunha acción destas que acabaría pechando o choque. Adan (2), Páramo e Julián anotaron os goles. O equipo está a un punto de proclamarse campión do Grupo 46. Ver clasificación.

2ª Autonómica Alevín-Copa (Pabellón "C" 1-3 ED Ourense "B")

Gustounos o partido que fixeron os de Xabi Pereira, que apostaron polo xogo combinativo con momentos de bo fútbol, contra un rival máis práctico e vertical que lle permitiu levarse os tres puntos dos Remedios. Ver clasificación.

1ª Autonómica Benxamín (EDC Xinzo 2-5 Pabellón)

Dende o pitido inicial os de Manuel Doval sairon a por un partido que xa tiñan encarrilado ao descanso (0-3). A segunda metade estivo algo máis equilibrada con dúas dianas para cada conxunto. Iker (2), Hugo, Fabio e Mateo Dosantos marcaron os goles. Ver clasificación.

1ª Autonómica Benxamín (Pabellón Promesas 11-2 Allariz)

De principio a fin dominaron os de Figo nun partido con pouca historia e que ao descanso xa tiña un marcador amplo (7-1). José (3), Dani (2), Leo (2), Breogán (2), Hugo e Pablo repartíronse os tantos. Ver clasificación.

2ª Autonómica Benxamín-Copa (Ribadavia 3-2 Pabellón Promesas "B")

Non puido sumar o conxunto de Peke no campo de O Xestal, nunha cita que los locatarios acabarían resolvendo pola mínima. Hugo Gil e Hugo Vila marcaron os goles. Ver clasificación.

1ª Autonómica Prebenxamín-Play Off (A Peroxa 2-8 Pabellón)

Partido cómodo para os de Antonio Parrilla no campo de O Marco. Ao descanso a diferenza no marcador era ampla (1-5). Na segunda parte os branquiverdes baixaron o ritmo. Teo (2), Antón, Dani, Álex, Alexandre, Ballesteros e Mario anotaron os tantos. Ver clasificación.

Torneo Ourense Base Prebenxamín (ED Ourense "B" 2-4 Pabellón Promesas)

Os de Enrique Silva fixéronse coa vitoria no partido de ida das semifinais deste torneo adquirindo unha renda de dous goles de cara ao choque de volta nos Remedios. Ao descanso os pabellonistas xa tiñan vantaxe no marcador (1-2) e na segunda ampliaron distancias. Os tantos chegaron por medio de Héctor (2), Izan e 1 pp. 


Fútbol 8 / Bo papel dos nosos na fin de semana