Lunes. 22.04.2019 |
El tiempo
Lunes. 22.04.2019
El tiempo

Fútbol 8 / Retorno despois do Nadal

Todas as competicións recuperaron a actividade despois do parón vacacional

Todas as competicións recuperaron a actividade despois do parón vacacional

No Play Off da 1ª Autonómica Alevín o Pabellón superaba nos Remedios (4-2) a un correoso EDC Celanova. Os de Jesús Rivera chegaron a ter unha renda tranquila que foi recortada polos visitantes. Os tanto foron materializados por Xabi (2), Iván e 1 pp.

No Torneo Ourense Base desta categoría o partido entre Ourense CF e Pabellón Promesas foi suspendido a escasos instantes do descanso. O club está a recabar información ao par co ente federativo ao respecto para tomar as medidas oportunas. 

Dentro do Play Off da 2ª Autonómica Alevín o Pabellón "B" solventaba con comodidade (0-6) a súa longa visita ao Barco na que Rodrigo (2), Mateo Álvarez, Mateo Dosantos, Iker e Borja foron os goleadores.

Os catro equipos benxamís fixeron pleno de vitorias nas dúas categorías. No Play Off da 1ª Autonómica o Pabellón sumou os tres puntos (4-3) contra a UD Ourense, que se adiantaría primeiro nos Remedios. Hugo, Leo Breogán e Dani anotaron os tantos. No Torneo Ourense Base o Pabellón Promesas fixo valer a súa superioridade co Ribadavia Atlético (8-1). Héctor gallego (4), Matías (2), Nico e Xoel foron os goleadores.

Os nosos representantes da 2º Autonómica Benxamín tamén estiveron moi resolutivos. No Play Off o Pabellón "B" vencía (1-8) ao A Purísima sobre unha campa de xeo no Campus. Os tantos foron materializados por Martiño (2), Yago, Nico, Lucca, Hugo Gil, Alexis e 1 pp. Pola súa parte, no Grupo 43 o Pabellón Promesas "B" desfacíase con solvencia (5-1) do Ribadavia Atlético "B" (5-1) con tantos de Mario (2), Marcos, Hugo e Matías.

Finalmente, no Play Off da 1ª Autonómica Prebenxamín o Pabellón, tamén sobre unha capa de xeo no Campus, estivo moi acertado no remate (0-11) contra o cadro de A Purísima. Carballo (3), Mario (2), Hugo (2), Daniel, Mateo, Noel e Sergio anotaron os tantos. Mentres, no Torneo Ourense Base o Pabellón Promesas caía (3-1) coa EDC Verín no campo de A Granxa con gol de Nico.

Fútbol 8 / Retorno despois do Nadal