El tiempo
martes. 16.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 11

O Cadete "A" cedeu ante un Deportivo líder

P2010896
Catro vitorias a domicilio e unha derrota nos Remedios foi o balance dos nosos representantes do Fútbol 11 nunha xornada na que descansaron o xuvenil e os dous infantís de 1ª Autonómica.

LIGA GALEGA XUVENIL
Non estivo fino na primeira metade o Pabellón CF "B" na Uceira contra o CD Arenteiro (1-5) e foi na segunda parte cando os de Guillermo García fabricaron a vitoria. Ao descanso o marcador era de empate a un tanto despois de que os nosos anotasen a dos minutos do final, para replicar a escuadra local igualando o choque no último instante. Aos quince da reanudación os nosos sutáronse por diante e foi no último cuarto de hora cando conseguiron despegarse no marcador. Sergio, Mociño, Cacharrón -penalti-, Pablo e Cachaldora anotaron os tantos.

DIVISIÓN DE HONRA CADETE
Misión imposible do Pabellón CF contra o RC Deportivo nos Remedios (1-3). Os herculinos xa tiñan dous goles de vantaxe apenas transcurridos quince minutos de xogo. Sen embargo, os de Abel Afonso nunca lle perderon a cara ao partido contra o líder invicto. Avanzada a segunda metade Aitor aocrtaría distancias pero un autogol instantes despois abortou calquera posibilidade de que os nosos deran a sorpresa.

LIGA GALEGA CADETE
O Pabellón CF "B" sumou os tres puntos na saída a Noalla contra o Portonovo SD (0-2). Os de José Dopazo tiveron o control do partido aínda que os goles non chegarían ata segunda metade por medio de Pablo e Sergio, Raúl e Amills, cun balón á madeira, puideron ampliar distancias ante un rival que non inquietou a meta pabellonista.

1ª AUTONÓMICA CADETE
Partido cómodo do Pabellón Promesas no campo dos Salesianos contra a AD Bosco "B" (0-6). Ao descanso os de Quique Serantes xa tiñan dous goles de renda. Matías (2), Isay, Álex Blanco, Iker Ferreiro e Xoel anotaron os tantos dun equipo que está na zona de clasificación para o Play Off.

LIGA GALEGA INFANTIL
Non tivo problemas o Pabellón CF para sumar os tres puntos contra o Xuventude de Cambados no Pombal (0-7). Os de Rubén García foron superiores durante os oitenta minutos. Ao descanso xa tiñan unha renda de tres goles. Manu Cogil (2), Álvaro, Ibai, Lamus, Lecompte e Lucas anotaron os tantos.

 

 

O Cadete "A" cedeu ante un Deportivo líder