viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

FÚTBOL 11

Volveron a firmar unha excelente xornada

Os nosos representantes nas categorías de Fútbol 11 volveron a firmar unha boa xornada que confirma o bo arranque nesta modalidade. Unha soa derrota en oito confrontacións foi o balnce dos oito partidos disputados.

Segue invicto o Pabellón CF "B" da Liga Galega Xuvenil despois de superar nos Remedios ao Rápido de Bouzas "B" (3-2). Os de Guillermo García tiveron varias ocasións claras de gol na primeira metade antes de que os visitantes tomasen vantaxe. Catro minutos máis tarde Cacharrón devolvía a igualdade ao marcador ao transformar un claro penalti, chegándose ao descanso con empate a un tanto.

Na reanudación os nosos sairo ben e nos primeiros quince minutos conseguiron distanciarse con dúas dianas de Cacharrón. A cinco minutos para o final os vigueses acortarían distancias nunha acción na que os nosos qedarían con dez pola expulsión de Martín. A emoción acompañou nos últimos instantes cun cadro visitante buscando o empate e un Pabellón intentando apuntillar nas contras. Ao final os tres puntos quedaron na casa.

Vitoria mínima (0-1) do Pabellón CF "C" da 1ª Autonómica Xuvenil no campo dos Escolpaios contra o CP Calasancio "B". A primeira parte despachouse sen goles e a quince minutos do final Mael anotaría o tanto dos nosos que acabaría decidindo o choque. Os pabellonistas tiraron de oficio para facerse coa vitoria diante dun bo rival nunha cita na que o meta Martín estivo a un bo nivel detendo unha pena máxima evitando o empate local.

Partido accidentado do Pabellón CF da División de Honra Cadete na derrota contra o Ural CF (1-0) no campo de Elviña. Dende prácticamente a media hora de xogo os de Abel Afonso quedaron con nove homes polas expulsións de Héctor e Sampayo, condicionando o resto do partido aínda que os nosos pese xogar con dous homes menos nunca lle perderon a cara ao partido. O tanto local chegaría a cinco minutos do descanso. No tramo final do choque os nosos arriscaron ao máximo e disfrutaron de dúas grandes ocasións para empatar en sendos disparos de Mauro. A expdición branquiverde viña moi disgustada coa labor do colexiado.

O Pabellón CF "B" da Liga Galega Cadete tivo que tirar de pundonor para superar a un bo rival, moito máis físico, como o Rápido de Bouzas que chegada líder aos Remedios. Aos cinco minutos Amills situaba anotaba para os locatarios, que aos vinte minutos perdían a Pablo cun corte na cexa que necesitou de puntos de sutura nun centro médico. Despois desa acción os vigueses comezaron a levar moito perigo á meta local, pero nesa fase de agobio para os nosos chegaría o segundo tanto de Amills co que se chegaría ao descanso.

Na segunda metade os visitantes sairon a por todas e a diferenza física ao seu favor dificultaba as accións dos nosos no corpo a corpo. O Bouzas tivo varias ocasións claras unha delas ben resolta por Marco, pero por fortuna os visitantes non conseguirían o tanto que os metese de cheo na pomada. Pouco a pouco o cadro local foise adpatando a situación e tamén comezou a levar perigo nas contras. Con iso chegarí o terceiro dos pabellonistas por medio de Esteban que matou ao rival e pouco máis tarde Peke apuntillaría ao rival co cuarto.

Empate a última hora do Pabellón Promesas diante da SD Chantada nos Remedios dentro da 1ª Autonómica Cadete, nunha cita na que os lucenses leváronse moito con pouco. Na primeria metade os de Quique Serantes tiveron un par de ocasións claras para adiantarse no marcador, entre elas un balón ao pao, nunha fase máis ou menos equilibrada.

A segunda foi de dominio local con oportunidades desperdiciadas que puideron darlle a volta ao resultado. Ao final chegaría o premio menor para os branquiverdes co gol de Ramón nos últimos compases do partido.

Na Liga Galega Infantil o Pabellón CF foi moi superior ao recén ascendido UD Atios nos Remedios (13-0). Os de Rubén García dominaron de principio a fin e os visitantes soamente tiveron unha ocasión na primeira metade. Álvaro (2), Serawit (2), Ismael (2), Cougil (2), Julián, Guzmán e Arturo foron os goleadores.

Foi de menos a máis o Pabellón CF "B" da 1ª Autonómica Infantil no choque contra o CD A Purísima disputado nos Remedios (5-0). Ao final da primeira metade os de Juan Carballo tiñan vantaxe de dous goles como cosencuencia dun tanto en propia meta e outro obra de Alcázar. No segundo tempo os pabellonistas levaron a iniciativa levando perigo constantemente á meta rival co que chegarían tres novas dianas -Gunche, Álcázar e Noguerol- para certificar unha vitoria xusta.

O Pabellón Promesas da 1ª Autonómica Infantil resolveu con solvencia a súa cita nos Salesianos (12-7) contra o AD Bosco. Ao descanso os de Carlos Amorín tiñan moito camiño avanzado (1-4). Joaquín (3), Adán (2) e David (2), anotaron os tantos.

Volveron a firmar unha excelente xornada