El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

FÚTBOL 11

Os equipos de Fútbol 11 deron en xeral bo nivel

P2010292
Os nosos equipos que nos representan nas diferentes categorías do Fútbol 11 completaron unha máis que aceptable xornada na que houbo dúas derrotas e seis vitorias.

A visita do Pabellón CF "B" ao AJ Lérez da Liga Galega Xuvenil resolveouse cunha vitoria mínima (1-2). Ao descanso o marcador era de empate a un tanto nun periodo no que Aarón adiantaría aos de Guillermo García para empatar os locatarios cun penalti. No ecuador do segundo tempo Xabi anotaría o segundo dos nosos que resultaría definitivo.

Nos Remedios o Pabellón CF "C" da 1ª Autonómica Xuvenil ofreceu dúas caras moi diferentes (4-2). No primeiro cuarto de hora os nosos mantiveron a concentración no partido e obtiveron unha renda de dous goles -Arturo e Mael- para incluso aumentala antes do descanso -Aldán-. Erróneamente os de Marcial González pensaron que a cita estaba resolta pero lonxe delo o Arrabaldo non baixou os brazos en ningún momento e a dez minutos do final as cousas complicáronse cando o marcador se puxo nun apretado 3-2. Por fortuna as cousas non foron a peor e un tanto en propia meta dos visitantes supuxo o 4-2 definitivo.

Derrota do Pabellón CF da División de Honra Cadete (1-3) diante do Pontevedra nos Remedios nunha cita cun tempo para cada equipo. Na primeira parte foron os de Abel Afonso quenes levarían a manixa do partido marchándose ao descanso con vantaxe mínima co gol de Carlos. Incluso unha dobre acción con balón ao pao da meta granate puido ampliar esa vantaxe. Na segunda metade os pontevedreses sairon mellor e nos primeiros sete minutos xa mandaban no marcador (1-2). O terceiro dos visitantes aos vinte e cinco minutos foi letal.

Destacable a vitoria do Pabellón CF "B" no campo do Choco (1-3) na Liga Galega Cadete nun partido no que incluso chegaría a errar unha pena máxima. Ao descanso os de José Dopazo tiñana vantaxe mínima despois do gol de Amills e incluso a pena máxima fallada puido ampliar distancias. Amills repetiría avanzada a segunda metade para ampliar a renda. Posteriormente acortaría distancias o cadro local nunha fase de acoso sobre a meta pabellonista aínda que sen moito perigo, pero un tanto de Juan Pablo no desconto setenciarúa o choque.

Dous tempraneiros goles de Matías resultaron determinantes para que o Pabellón Promesas da 1ª Autonómica Cadete sorprendese ao Monforte no Luis Bodegas (1-3). Antes do descanso os locatarios acortarían distancias e posteriormente Xoel marcaría o terceiro dos branquiverdes. Na segunda metade os de Quique Serantes puideron aumnetar distancias nas contras pero o marcador non se movería. 

Derrota incontestable do Pabellón CF da Liga Galega Infantil (8-0) contra o RC Celta na Madroa. Os branquiverdes aguantaron o tipo na primeira metade encaixando dous tantos, pero na segunda os olívicos non deron opción.

Nunha mañá intempestiva no Sangoñedo, o Pabellón CF "B" da 1ª Autonómica Infantil tivo que esperar ao tramo final do partido para remontar (1-2) o gol que anotaran os locatarios ao final da primeira metade na única aproximación ao área branquiverde. No segundo tempo os de Juan Carballo tiveron ata tres ocasións claras para anotar incluido un penalti non sinalado ata que un dobrete de Cabano permitiu a remontada.

Entretido partido da 1ª Autonómica Infantil entre Pabellón Promesas e Celanova que acabarían resolvendo os de Carlos Amorín (3-1). Ao descanso os locatarios tiñan vantaxe mínima co gol de Xabi. No ida e volta da segunda metade os branquiverdes errarín unha pena máxima e posteriormente Adán anotaría o segundo que daría máis tranquilidade e logo Iker situaría o terceiro tres minutos máis tarde. Os visitantes aocrtarían distancias no desconto despois de mostrarse como un rival moi correoso os oitenta minutos.

Os equipos de Fútbol 11 deron en xeral bo nivel