domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

Fútbol 11 / Pleno nos Remedios

Os equipos que xogaron como locatarios sacaron adiante os partidos

Os equipos que xogaron como locatarios sacaron adiante os partidos

A segunda xornada de competición nas categorías de Fútbol 11 deixou un pleno de vitorias dos nosos equipos que xogaron no campo de Os Remedios. A domicilio soamente o Cadete "B" obtivo un marcador favorable en Porriño.

Liga Nacional Xuvenil (Pabellón 3-1 Rápido de Bouzas)
Os de Cándido Gómez sacaron adiante un partido que de entrada se puxo de cara cando os tantos de Raúl e Miguel situaron un 2-0 no marcador. O gol de penalti dos visitantes a escasos instantes do final, precedido por unha falta clara a Iván, abriu de novo o partido de cara á segunda metade. O segundo acto deixou un toma e daca sen grandes ocasións para uns e outros ata que Rodrigo ampliaba distancias co 3-1 que resultou definitivo.

Liga Galega Xuvenil (Coruxo 3-0 Pabellón "B")
Os de Anxo Valcárcel regresaron de vacío do campo de Fragoselo contra un rival que a pasada campaña militaba na Liga Nacional. Ao descanso os locatarios fóronse cunha suculenta vanataxe (2-0) que ampliaría na segunda metade cun tanto máis. 

1ª Autonómica Xuvenil (Chantada 1-0 Pabellón "C")
O gol local nos primeiros compases da segunda parte acabaría decantando o partido celebrado no campo de A Raña de Rodeiro polas obras no Sangoñedo.

División de Honra Cadete (Pabellón 5-2 San Tirso)
Remontou con solvencia o conxunto que adestra Guillermo García o tanto que anotaran os herculinos ao borde do cuarto de hora. A reacción branquiverde foi tal que ao remate do primeiro acto xa mandaban 3-1 no marcador cos tantos de Anxo, Adrián e Santi. No arranque da segunda parte os nosos deixarían o partido prácticamente pechado cos goles de Anxo e Adrián -ambos fixeron dobrete-. No treito final os visitantes recortarían distancias cun penalti.

Liga Galega Cadete (Porriño 1-3 Pabellón "B")
Vitoria no Lourambal para os de Miguel Alonso, que ao descanso mandaban no marcador cun tanto de Héctor. Na reanudación so locatarios igualarían pero dous goles de Aarón na recta final do partido permitirían a vitoria dos pabellonistas.

1ª Autonómica Cadete (Pabellón Promesas 5-1 UD Ourense "B")
Despois das táboas na primeira metade (1-1) na que os visitantes marcarían primeiro, na segunda parte os de Enrique Silva daríanlle a volta ao partido con catro tantos de Falú (2), Christian e Gabriel.

Liga Galega Infantil (Pabellón 5-0 Rápido de Bouzas)
Clara e xusta vitoria para os de José Dopazo nun partido que dominaron de principio a fin. Ao descanso (3-0) a cousa xa pintaba ben e na segunda chegarían dúas novas dianas. Raúl (4) e Joel foron os goleadores.

Liga Galega Infantil (Porriño 4-0 Pabellón Promesas)
Despois de aguantar o tipo na primeira metade (1-0) a xoven escuadra de Carlos Amorín cedería na segunda parte no Lourambal encaixando tres goles máis.

Liga Galega Infantil (Alondras 3-0 ED Ourense)
Os locatarios resolveron o partido na segunda parte anotando os tres goles despois dunha primeira metade na que o marcador non se movería.


Fútbol 11 / Pleno nos Remedios