El tiempo
miércoles. 24.04.2024
El tiempo

Fútbol 11 / Non houbo derrotas na fin de semana

Os nosos sumaron catro vitorias e dous empates para firmar unha excelente xornada

Os nosos sumaron catro vitorias e dous empates para firmar unha excelente xornada

Play Off - 1ª Autonómica Xuvenil (Antela 1-1 Pabellón "C")

Reparto de puntos no campo de A Moreira nun partido no que os dous goles chegarína na segunda metade despois dunha primeira metade sen incidencias no marcador. Á volta de vestiarios os limiaos tomarían vantaxe pero inmediatamente despois Janfry establecería a igualada definitiva. VER FICHA TÉCNICA. Con este punto unio a outros resultados favorables, os de Miguel Alonso obtiveron pasaporte para a Fase Galega a falta de dúas xornadas para o final deste Play Off. Ver clasificación.

División de Honra Cadete (Santiago 0-1 Pabellón)

O tempraneiro gol de Xabi (m.9) acabaría decidindo o partido xogado en Santa Isabel nunha cita -pendente da xornada 25ª- na que os de Guillermo García foron mellores na primeira parte con ocasións para haber chegado ao descanso cunha renda maior.

No segundo tempo, e de forma especial nos dez minutos finais, os santiagueses apretaron para intentar darlle a volta ao partido con incidencia nas accións a balón parado que os pabellonistas resolveron con eficacia para manter o resultado favorable ata o pitido final. VER FICHA TÉCNICA. Con esta vitoria o equipo ocupa a terceira praza cun colchón de cinco puntos sobre o seu inmediato perseguidor. Ver clasificación.

Play Off - 1ª Autonómica Cadete (Pabellón Promesas 4-1 Ourense CF "B")

Despois do empate (3-3) o pasado xoves no campo do Velle, os de Rubén García superaron nos Remedios ao Ourense CF "B" nunha cita moi intensa. O cadro local fabrivou a vitoria nunha boa primeira metade (3-1).

Na segunda metade os de Oira sairon a por todas pero un gol en propia meta que supuxo o cuarto dos pabellonistas foi un xarro de auga fría, aínda que en ningún momento baixaron os brazos. VER FICHA TÉCNICA. Despois deste triunfo o Promesas chega ás dúas últimas xornadas con opcións a meterse na Fase Galega. Ver clasificación.

Play Off - 1ª Autonómica Infantil (Pabellón Promesas 6-0 Ourense CF "B")

Fois superior o equipo branquiverde nunha cita que tivo controlada en todo momento. Ao descanso xa mandaban no marcador (2-0) e na segunda parte as diferenzas foron maiores ampliando distancias con catro dianas máis. Sergio, Isaac, Esteban, Iago, Joel Núñez e Joel Vázquez foron os goleadores. O equipo ocupa a segunda praza. Ver clasificación.

Play Off - 1ª Autonómica Infantil (Monforte 2-2 Pabellón "B")

Táboas no Luis Biodegas despois de que os nosos neutralizaran por dúas veces a vantaxe -goles de Álex Blanco e David- que tiveron os monfortinos noutras tantas ocasións. O equipo é oitavo na táboa. Ver clasificación.

Torneo Conservas Calvo Alevín F-11 (Santa Mariña 1-8 Pabellón)

Plácida vitoria dos nosos en Cotogrande nun partido que acabaría rompéndose na segunda metade como froito do dominio pabellonista. Ibai (4), Cougil (3) e Izan anotaron os tantos. Ver clasificación.



Fútbol 11 / Non houbo derrotas na fin de semana