El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

Fútbol 11 / Interesante bagaxe

A xornada deixou apenas dúas derrotas para os nosos representantes

Apenas dúas derrotas para os nosos representantes

A xornada da pasada fin de semana deixou un bagaxe moi positivo en liñas xerais na que temos que destacar o pleno de vitorias dos equipos xuvenís e infantís.

Liga Nacional Xuvenil (CD Lérez 0-2 Pabellón)
Os goles de Osián e Abraham na segunda metade facilitaron os tres puntos para os nosos nun campo no que facía moito tempo que non se obtía un resultado positivo. O equipo fixo un partido moi serio que acabaría resolvendo na reanudación.

Liga Galega Xuvenil (Pabellón "B" 8-0 Calasancio)
Esperábase un partido complicado para os nosos intereses nos Remedios pero despois de anotar no primeiro minuto os locatarios colleron a confianza necesaria para deixar o choque visto para sentencia ao final da primeira metade (4-0). Ne segunda as cousas non cambiaron e chegarían catro novas dianas dos branquiverdes. Yago (3), Sergio (2), José Ramón, Janfry e José foron os goleadores para a primeira vitoria da tempada.

1ª Autonómica Xuvenil (Pabellón "C" 13-1 Cea)
Monólogo nos Remedios dos nosos para facerse cunha ampla vitoria. López (5), Mateo (4), Quinín, Aldán, Arturo e Rodrigo anotaron os tantos.

División de Honra Cadete (Pontevedra 1-2 Pabellón)
Os pabellonistas sumaron os tres puntos no Príncipe Felipe nunha cita aque acabaría decidíndose co gol de Cacharrón aos tres minutos da segunda metade. Antes Santia había adiantado aos nosos e os granates empatarían ante do descanso.

Liga Galega Cadete (Pabellón "B" 0-7 Celta "B")
Os célticos foron moi superiores ao cadro local e ao descanso xa tiñan tres goles de vantaxe. Na segunda metade o decorado non cambiou e a gran calidade do rival seguiu marcando diferenzas.

1ª Autonómica Cadete (Calasancio 5-1 Pabellón Promesas)
A visita dos nosos a un equipo que buscará o retorno á Liga Galega saldouse cun claro triunfo dos monfortinos. A primeira parte estivo máis ou menos igualda (1-0) pero no arranque da segunda os locatarios marcaron distancias con dous goles. Damián acortaría diferenzas pero un novo arreón local pecharía o choque con dous goles máis.

Liga Galega Infantil (Val Miñor 1-3 Pabellón)
Terceira vitoria consecutiva dos pabellonistas neste ocasión ante un rival dos presumiblemente fortes. Dous goles na primeira parte de Raúl e un en propia meta abriron o camiño do triunfo. Os de Nigrán acortarían distancias mediado o segundo tempo pero o tanto de Iago no tramo final deixaría o partido pechado.

Liga Galega Infantil (Pabellón Promesas 3-1 Calasancio)
Partido tenso e emocionante nos Remedios que acabaría resolvéndose a favor da xoven escuadra local. Os tantos de Alejandro e Lecompte deixaron un 2-0 ao final da primeira metade. O Calasancio apretou á volta de vestiarios acortando distancias aos oito minutos. A partir de ahí as cousas complicáronse e un Raúl detivo un penalti evitando o empate. No último minuto o gol de Lucas sellaría unha sufrida vitoria.

Liga Galega Infantil (Coruxo 0-6 ED Ourense)
A segunda saía consecutiva da EDO deixou tres puntos no campo de Fragoselo nunha cita que os de Quique Serantes encarrilarían na primera parte (0-3) cos tantos de Gael, Dámaso e Nacho. No segundo tempo outros tres novos goles visitantes -Justino (2) e Alejandro- redondearían a vitoria.

1ª Autonómica Infantil (Pabellón "B" 2-1 Bosco)
Os tempraneiros goles de Ribao e Adrián parecían levar a un partido tranquilo para os locatarios, pero as cousas complicáronseo cando os visitantes recortaron distancias. Por fortuna o marcador mantívose inamovible o resto do choque.

Fútbol 11 / Interesante bagaxe