El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

Fútbol 11 / Houbo de todo

Os nosos representantes cederon dous empates, tres derrotas e dúas vitorias na fin de semana

Os nosos representantes cederon dous empates, tres derrotas e dúas vitorias na fin de semana

A maiores do Xuvenil da Liga Nacional, os demáis representantes do club no campo "grande" tiveron de todo na fina de semana con dous empates, tres derrotas e dúas vitorias.

Liga Galega Xuvenil (Pabellón "B" 1-1 Vila do Corpus)
Os de Ponteareas aproveitaron un erro para adiantarse no marcador nunha primeira metade na que os de Anxo Valcárcel tiveron ocasións para marcharse ao descanso cun marcador diferente. Na segunda o tanto de Marco puxo as táboas e pese a varias oportunidades branquiverdes, incluido un penalti moi reclamado polos nosos, o marcador non se movería. Ver clasificación.

1ª Autonómica Xuvenil (Velle "B" 1-5 Pabellón "C")
Despois dunha primeira parte maís ou menos equilibrada, polo menos no marcador (1-2), na segunda os de Marcial González marcaron distancias. Míguez, Antón, Quinín, López e Mateo foron os goleadores. Ver clasificación.

División de Honra Cadete (Con Santiago 2-0 Pabellón)
Nun partido tremendamente igualada, os santiagueses leváronse a vitoria con dous goles nos últimos seis minutos, o segundo de penalti. Ver clasificación.

Liga Galega Cadete (Pabellón "B" 1-1 Choco)
Reparto de puntos nos Remedios nun partido moi aberto que puido gañar calquera. Sen goles ao descanso, Mauor adintaría aos locales, que tiveron varias ocasiones para sentenciar co meta visitante como protagonista, antes de que os de Redondela empatasen. Ver clasificación.

1ª Autonómica Cadete (Arrabaldo 4-2 Pabellón Promesas)
Despois de remontar o primeiro tanto local cos goles de Ana e Christian, os de Santa Cruz acabarían dándolle a volta ao marcador. Ver clasificación.

Liga Galega Infantil (Salgueiriños 0-1 Pabellón)
O gol de Isaac na primeira parte acabaría sendo decisivo nunha cita na que o rival se empregou con excesiva dureza. Os nosos tiveron varias ocasiones para haber sentenciado sen ter que chegar cun marcador apretado ao tramo final do choque. Ver clasificación.

Liga Galega Infantil (Pabellón Promesas 0-5 EF Potero 2000)
Foi mellor o cadro pontevedrés, que desplegou un bo fútbol nos Remedios. Ao descanso as cousas estaban claras para os visitantes (0-3) que redondearían o marcador na segunda con dúas dianas máis diante da xoven escuadra local. Ver clasificación.



Fútbol 11 / Houbo de todo