El tiempo
jueves. 18.04.2024
El tiempo

Fútbol 11 / Bo comezo de ano

Os equipos pabellonistas iniciaron o ano 2019 cun balance bastante positivo

Os equipos pabellonistas iniciaron o ano 2019 cun balance bastante positivo

Tan só dúas derrotas en oito partidos que disputaron os nosos representantes no Fútbol 11 na xornada que abría o 2019. Na Liga Galega Xuvenil o Pabellón "B" sumaba os tres puntos (0-2) na súa visita ao Ribadumia no campo de A Senra 2. Dous goles de Gustavo na segunda parte contribuiron a que os nosos sumasen os tres puntos. Pola súa parte, no Play Off da 1ª Autonómica Xuvenil o Pabellón "C" arañaba un empate (1-1) no Monte da Aira contra o Velle. Os locatarios marcarían a un minuto do descanso e Rodrigo faría o tanto da igualada a nove do final.

En cadetes houbo marcadores moi positivos. Na División de Honra o Pabellón superaba nos Remedios (1-0) ao Calasanz cun tanto de José no tramo final, para decantar un partido igualado. Na Liga Galega Cadete o Pabellón "B" facíase co triunfo no campo de A Pelada ao dobregar (2-3) a un ED Arousa que chegaría a neutralizar dous goles de vantaxe dos nosos obra de Jaime e Mauro. A sete para o final Diego marcaría o tanto da vitoria. No Torneo Ourense Cadete reparto de puntos (3-3) nos Remedios entre Pabellón Promesas e Barbadás "B". Os visitantes chegarían a ter tres goles de diferenza pero un arreón dos locatarios na segunda metade permitiríalle rescatar un punto ao final. Marcaron Chema, Christian e Damián.

Menos fortuna tiveron os conxuntos de infantís. No Play Off da Liga Galega o Pabellón empataba (1-1) co Atlético Montañeros na Coruña cun gol de Amills avanzada a segunda metade. Peor fortuna correo o Pabellón Promesas na Fase de Permancia da Liga Galega nos Remedios co Salgueiriños (0-1) pese a ser mellor durante gran parte do partido. Nunha acción que parecía fóra de xogo chegaría o tanto visitante. Finalmente, no Play Off da 1ª Autonómica Infantil un bo Arenteiro levaríase a vitoria (0-2) dos Remedios contra o Pabellón "B" cun gol en cada tempo.

Fútbol 11 / Bo comezo de ano