Lunes. 22.04.2019 |
El tiempo
Lunes. 22.04.2019
El tiempo

Fútbol 11 / Excelente xornada

Non houbo derrotas nunha boa fin de semana para os nosos equipos, que soamente cederon un empate

Non houbo derrotas nunha boa fin de semana para os nosos equipos, que soamente cederon un empate

Liga Galega Xuvenil (Tomiño 2-3 Pabellón "B")
Vitoria a domicilio para os de Anxo Valcárcel. Ao descanso o marcador era de empate despois de que Sergio neutralizase o tanto dos locatarios. Na segunda parte Carracelas daría vantaxe aos nosos anotando o segundo e despois de que os branquiverdes quedasen con dez pola expulsión de Coello (m.72), o Tomiño conseguiría empatar o partido. Sen embargo, o equipo non se amilanou pese ao empuxe dos anfitrios e López marcaría o definitivo 2-3 para sumar os tres puntos. Ver clasificación

División de Honra Cadete (Pabellón 3-2 Ural)
Os de Guillermo García fixeron un bo primeiro tempo no que obterían unha renda de dous goles anotados por José nunha fase cun disparo ao traveseiro de Santi. Á volta de vestuarios este mesmo xogador nunha acción similar colocaría o 3-0 que parecía sentenciar o choque. Sen embargo, os herculinos, que chegaban defendendo a terceira praza do grupo, non entregarían o partido recortando distancias con dous goles que deixaron un tenso e emocionante fin de partido. Ao final os puntos quedaron na casa e o equipo situouse terceiro. Ver clasificación

Liga Galega Cadete (Val Miñor "B" 0-2 Pabellón "B")
Cun gol nos últimos compases de cada tempo -Aitor e Manu- os de Miguel Alonso fixéronse cunha importante vitorias no campo de Condomínguez. Ver clasificación

Liga Galega Infantil (Pabellón 1-1 ED Arousa)
Reparto de puntos nos Remedios nunha cita na que os locatarios dominaron de principio a fin pero sen puntería no remate. Miguel adiantaría aos nosos e os de Vilagarcía empatarían na última acción da primeira metade. Na segunda parte os locatarios estiveron moi acelerados ante un rival que se defendía con uñas e dentes e co seu porteiro como principal protagonista. A vitoria tivo que quedar na casa pero o rival tamén deu un par de sustos. Ver clasificación

Liga Galega Infantil (Coruxo 0-2 Pabellón Promesas)
Traballado triunfo para os de Carlos Amorín en Fragoselo contra o colista do grupo cun gol en cada tempo -Ibai e Cougil-. O equipo suma seis puntos. Ver clasificación

1ª Autonómica Infantil (Pabellón "B" 4-3 Calasancio "B")
Partido apretado para os de Rubén García, que por dúas veces tiveron vantaxe de dous goles. Guzmán, Ribao, Velasco (penalti) e José fixeron os tantos. O equipo mantén vivas as opcións de meterse entre os cinco primeiros. Ver clasificación

Fútbol 11 / Excelente xornada