Lunes. 25.03.2019 |
El tiempo
Lunes. 25.03.2019
El tiempo

Fútbol 11 / Aceptable fin de semana

Dúas vitorias, dous empates e tres derrotas na antesala dunha dobre xornada

Dúas vitorias, dous empates e tres derrotas na antesala dunha dobre xornada de xoves e fin de semana

O Pabellón "B" da Liga Galega Xuvenil cedeu un empate (2-2) no campo dos Carrís contra o Barbadás despois de marcharse ao descanso cunha renda de dous goles anotados por José Ramón e Carracelas. Nos últimos instantes do partido, cun segundo tanto sobre a bocina, o cadro local lograría empatar. O equipo que adestra Anxo Valcárcel ocupa a oitava praza do grupo sur con 19 puntos. O xoves recibe nos Remedios (12  horas) á UD Ourense.

Vitoria do Pabellón contra o Alondras (3-1) na cita da Liga Galega Infantil celebrada nos Remedios. Ao descanso o marcador era de empate a un tanto. Amills marcaría primeiro para os locatarios e unha acción de mala fortuna cun gol en propia meta, permitiría o empate dos pontevedreses no último minuto da primeira parte. Na segunda metade os tantos de Amills e Raúl deixarían unha xusta vitoria. Os de José Dopazo son terceiros con 29 puntos. O xoves visitan á ED Ourense (10.30 horas) nos Salesianos.

O Pabellón Promesas da Liga Galega Infantil caía (9-0) nas instalacións da Madroa contra o Celta. O líder intratable do grupo fixo valer a súa superioridade ante un voluntarioso conxunto pabellonista con tres goles no primeiro tempo e seis no segundo. Os de Carlos Amorín son decimosextos con 7 puntos. O xoves reciben ao Santa Mariña nos Remedios (17.45 horas).

Finalmente, o Pabellón "B" caía nos cuartos de final da Copa Deputación Infantil por un solitario tanto (1-0) do Monforte no Luis Bodegas. Os de Rubén García tiveron a súas opcións pero o tanto local mediada a segunda parte resultaría decisivo. Agora afrontarán o Play Off.



Fútbol 11 / Aceptable fin de semana