El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

FÚTBOL 8

Os equipos do club, campións nas tres categorías

P2000228

Tres equipos pabellonistas conseguiron a pasada fin de semana proclamarse campións na 1ª Autonómica de alevís, benxamís e prebenxamín de forma anticipada. Os tres estarán na fase galega sur cumprindo a tradición.

Por un lado, o Pabellón CF alevín cantou ao alirón ao final do partido contra o CP Calasancio (8-1) no campo de Os Remedios. Ao descanso os de Jesús Rivera xa tiñan moito camiño avanzado (3-0) e na segunda apliarían distancias. Yeray (2), José (2), Julián, Adán, David e Unai foron os goleadores. O equipo soamente cedeu en empate neste Play Off a falta de dúas xornadas. Ver clasificación. Parabéns ao corpo técnico e xogadores.

Tamén tivo un patido cómodo o Pabellón CF benxamín diante do CD Rúa (8-2), un equipo que lle gañara na primeira volta no Aguillón. Pablo (3), José, Saúl, Samuel, López e Dani anotaron os tantos. Os nosos proclamáronse campións a falta de dúas xornadas para o final e axudado tamén polo empate da EDC Xinzo en Verín, único equipo que o podía alcanzar. Ver clasificación. Parabéns a técnico e xogadores.

O Pabellón CF prebenxamín festexou o título no campo de Oira despois de superar ao Ourense CF (1-3) nunha cita que xa dominaba ao final da primeira metade (1-2). Mateo (2) e Sergio anotaron os goles. A falta de dúas xornadas para o final os de Manuel Doval soamente cederon unha derrota. Ver clasificación. Parabéns a técnico e xogadores.

Os equipos do club, campións nas tres categorías