El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

Fase Infantil / Salto do Promesas á Liga Galega

Os branquiverdes superaron ao Xuventude Cambados 5-1 remontando nos Remedios o adverso 4-1 da ida

Os branquiverdes superaron ao Xuventude Cambados 5-1 remontando nos Remedios o adverso 4-1 da ida

Xa avisamos ao finalizar o partido de ida no Pombal que na volta daríamos moita guerra e así foi, xa que os pabellonistas non deron a eliminatoria perdida pese ao abultado 4-1. O equipo saiu a por todas dende o pitido inicial e as cousas puxéronse de cara moi pronto -dous minutos- cando Raúl inauguraba o marcador.

A cousa non acabaría ahí xa que antes de chegar ao ecuador da primeira metade dous goles nun espazo de dous minutos -Raúl e Carracedo- puxeron por diante na eliminatoria ao Promesas. O máis difícil xa estaba feito pero quedaba unha hora por diante para non cometer erros, administrar a renda e intentar golpear ao rival en cada acción de ataque. Co inapelable 3-0 remataría o primeiro acto.

Na segunda metade a emoción foi aumentando a medida que pasaban os minutos e no medio de iso chegaría o 4-0 para os discípulos de Carlos Amorín obra de Raúl mediado este período. Con ese marcador o Promesas fixo un gran esforzo por evitar que un Cambados á desesperada perforase a meta local, pero os visitantes igualarían a eliminatoria anotando o 4-1. Restaban poco máis de dez minutos e a tensíón incrementaríase. Un segundo gol do rival sería letal.

Co partido totalmente aberto a calquera resolución, a tres minutos do final Isaac atinaría coa meta adversaria para colocar o 5-1 ante a alegría de xogadores e afeccionados nas bancadas. Restaban poucos minutos para consumar a remontada e o ascenso, pero sabedores que outro gol do Cambados tiraría pola borda todo o desgaste feito polo equipo. Con moitísima emoción e nervos viviuse o resto do partido no que un balón ao pao puido convertise no sexto dos nosos. Escasos instantes despois chegaría o final do partido e a loucura nos pabellonistas e na bancada.

Meritorio o ascenso deste equipo íntegro de xogadores de primeiro ano. Será a segunda vez que o Pabellón Promesas compita na Liga Galega. Parabéns á plantilla e corpo técnico. Na outra eliminatoria os penaltis deron o ascenso ao Salgueiriños despois do 2-2 nos dous partidos co Sárdoma. Como campións xa ascenderan Porriño Industrial, ED Arousa e ED Ourense.

Fase Infantil / Salto do Promesas á Liga Galega