El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fútbol 11 / O Xuvenil "C", protagonista da xornada

Os de Miguel Alonso remontaron nos últimos minutos ao Gondonar na fase galega (1-2)

Os de Miguel Alonso remontaron nos últimos minutos ao Gondonar na fase galega (1-2)

Excelente fin de semana en liñas xerais para os equipos pabellonistas na modalidade de Fútbol 11. A maiores da crucial vitoria do Xuvenil "A" contra o Porriño que permitiu, cos marcadores do domingo, a permanencia de forma matemática na Liga Nacional, os outros conxuntos resolveron maioritariamente os seus enfrontamentos.

Liga Galega Xuvenil (Independiente 1-2 Pabellón "B")

Os de Anxo Valcárcel sumaron os tres puntos en terras viguesas despois de remontar cos goles de Janfry e Carlos o tanto que dera vantaxe aos locatarios no arranque da segunda metade despois dun primeiro tempo sen que se movera o marcador. VER FICHA TÉCNICA. O equipo segue aferrado á segunda praza a falta de tres xornadas para o final. Ver clasificación.

Fase Galega Xuvenil (Gondomar 1-2 Pabellón "C")

Os de Miguel Alonso foron de menos a máis e despois de marcharse ao descando perdendo (1-0) no tramo final do partido acabarían dándolle a volta ao marcador cos goles de Marcos e López. VER FICHA TÉCNICA. O próximo rival será o Salgueiriños, segundo clasificado de Pontevedra. A cita está prevista o sábado (12.15 horas) en Celanova ao variar a sede. Para ver os resultados dos partido da primeira eliminatoria PINCHA AQUÍ.

División de Honra Cadete (Pabellón 1-0 Pontevedra)

Vitoria importante, de cara ao obxectivo de rematar na terceira praza da categoría, diante dun moi bo rival como foi a escuadra granate. O choque tivo dous tempos moi diferentes. Na primeira parte os branquiverdes non atoparon o seu sitio no campo e o Pontevedra foi superior. O mellor deste periodo foi que os de Guillermo García souberon sufrir e chegar oa descanso coa portería a cero.

Na segunda metade as cousas foron diferentes. O Pabellón tivo máis ritmo que o rival, dominou e creou moitas ocasións de gol. Unha delas, nos últimos instantes, acabaría convertíndonse no tanto da vitoria obra de Xabi despois de anticiparse á defensa e batir ao meta granate por baixo. VER FICHA TÉCNICA. O quipo segue no terceiro lugar con cinco puntos de colchón sobre o seu inmediato perseguidor. Ver clasificación.

Liga Galega Cadete (Cristo Victoria 3-4 Pabellón "B")

Os pabellonistas sumaron a novena xornada consecutiva sen coñecer a derrota despois de sumar os tres puntos no campo de A Bouzas nun trepidante partido. Ao descanso o marcador era de empate (1-1) despois de que un estupendo tanto de Anxo neutralizara o primeiro tanto local.

Aos tres minutos da reanudación os vigueses anotaron o segundo que lles dabs vantaxe, pero dúas dianas de José nun espazo de seis minutos colocaría un 2-3 que tivo réplica coa igualada do Cristo Vitoria. Unha clara pena máxima nos últimos instantes foi transformada por José, para completar un hattrick, para o definitivo 3-4. VER FICHA TÉCNICA. O equipo é sexto na táboa. Ver clasificación.

Copa Galicia Infantil (Portero 2000 1-0 Pabellón)

Os nosos remataron a fase clasificatoria cunha derrota no campo de A Junquera contra o rival co que se cruzarán na fase final que se xogará este sabado entre os catro primeiros a falta de que a federación comunique a sede. Santa Mariña e Ural xogarán a outra eliminatoria. Ver clasificación.

Torneo Conservas Calvo Alevín F-11 (Pabellón 0-3 Celta)

Entretido partido entre dous equipos que marchaban invictos neste torneo e que acabaría decantándose do lado celeste cun gol na primeira parte e dous na segunda metade. O Pabellón espera rival como segundo clasificado. Ver táboa. Lugo, Ural ou Calasanz poden ser os rivas dende a zona norte. Ver clasificación.


Fútbol 11 / O Xuvenil "C", protagonista da xornada