lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

FÚTBOL 8

Os equipos de Fútbol 8 comezaron con forza

A pasada fin de semana comezaron as diferentes competicións de todas as categorías de Fútbol 8 na que seis equipos do club deron o pistoletazo de saída nunha xornada na que todos os conxuntos do Pabellón Promesas descansaron.

O Pabellón CF da 1ª Autonómica Alevín comezou forte no campo Arnoia Caldaria superando ao Ribadavia Atlético (0-12) nun partido dominado de principio a fin. Ao final da primeira metade os nosos xa anotaran cinco tantos para marcar máis diferenzas no segundo acto. Samuel (3), Mateo Dosantos (2), Vivián (2), Amorín (2), Nico, Hugo e Borja foron os goleadores.

Na 2ª Autonómica Alevín-Grupo 43º o Pabellón CF "B" resolvía con solvencia a súa cita co CEDC Maceda "B" nos Remedios (7-2) nun partido que ao descanso xa era moi favorable para os nosos (4-0). Aitor (3), Iker (2), Alejandro e Iago Borrajo anotaron os tantos.

No Grupo 41º da 2ª Autonómica Alevín, o Pabellón CF "C" tamén comezou con bo pé a competición despois de superar ao debutante ED Terras de Maside (1-7). Os nosos mandaron de principio a fin. Breogán (2), Anxo (2), Hugo Gil, Yago e José foron os goleadores.

Marcador amplo para o Pabellón CF da 1ª Autonómica Benxamín no campo de Os Remedios (12-1) contra o Ribadavia Atlético. Os branquiverdes levaron a iniciativa durante todo o partido e Héctor (3), Dani (3), Mauro (3), Ballesteros, Matías e Teo anotaron os tantos.

O Pabellón CF "B" da 2ª Autonómica Benxamín viuse superado polo poder ofensivo do CD Polígono (2-3) nos Remedios. Ao descanso o cadro industrial mandaba no marcador cun solitario tanto. Aitor e Mario foron os goleadores.

Finalmente, na 1ª Autonómica Prebenxamín o Pabellón CF superaba nos Remedios á ED Promesas (4-0) con dous goles en cada tempo nunha cita na que o marcador puido ser máis amplo para ambos lados. Xián, Javier, Miguel e Saúl marcaron os tantos.

Os equipos de Fútbol 8 comezaron con forza