El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

BENXAMÍS

Os equipos Benxamís non deron opción

P1990734

Nunha xornada na que descansou o Pabellón Promesas "B", os nosos representantes das categorías benxamís non deron opción aos rivais.

O Pabellón CF da 1ª Autonómica solventaba con comodidade (0-9) a visita á UD Ourense no campo de Miraflores dentro do Play Off. Os de Enrique Silva xa mandabana no marcador ao descanso (0-2) e na segunda parte marcarían distancias con sete tantos máis. Dani (3), Anxo (2), Pablo (2), Saúl e Samuel anotaron os goles dun equipo que lidera a táboa.

Fixo pleno o Pabellón Promesas na dobre xornada de sábado e luns no Torneo Ourense Base. Na primeira delas superaba a domicilio ao Santa Teresita (1-6) con tantos de Dani (3), Izan (2) e Teo e na segunda dobregaba no campo de Os Remedios á ED Ourense (5-0) neste caso con dianas de Dani (2), Marco, Matías e Alexandre. O equipo lidera a clasifiación a falta de dúas xornadas.

Segue invicto o Pabellón "B" no Play Off da 2ª Autonómica a costa da vitoria nos Remedios contra un incómodo CD A Purísima (4-2). Os visitantes mandaban no marcador ao descanso (1-2) e na segunda parte os de Abel Afonso tiveron que aplicarse para darlle a volta ao partido. Simón, Parente, Martiño e Yago foron os goleadores.

Os equipos Benxamís non deron opción