El tiempo
martes. 16.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O Pabellón estivo a bo nivel co Celta "B" (0-0)

P1970890

O Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil sumou un meritorio punto contra o Celta "B", líder da categoría, na Madroa nunha disputa cita (0-0).

Os de Cándido Gómez tiveron opcións de sumar os tres puntos xa que dispuxeron de grandes ocasións de gol nas botas de Carracelas e Carlos. Incluso houbo tempo para a polémica ao anularselle un gol a Raúl (ver vídeo) por un fóra de xogo que os branquiverdes entenderon que non houbo. O meta ourensán Sampayo apenas tivo traballo en boa parte pola excelente labor levada a cabo polos nosos, moi metidos os noventa minutos do partido. Ver ficha técnica.

Despois deste marcador o equipo está situado na sexta praza con 48 puntos. Ver clasificación. Este mércores festivo haberá nova xornada e os nosos reciben nos Remedios (16.15 horas) a un Arousa SC en apuros.

 

O Pabellón estivo a bo nivel co Celta "B" (0-0)