El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

PREBENXAMÍS

Os dous signos nos equipos Prebenxamís

IMG_20190409_085142

Os nosos equipos prebenxamís sumaron unha vitoria e unha derrota nos compromisos da pasada fin de semana no campo de Os Remedios.

O Pabellón CF dobregaba á UD Ourense (6-0) con dous goles na primeira metade e catro na segunda. Os de Manuel Doval foron de menos a máis diante dun correoso adversario. Mario, Higo, Santi, Pablo, Xián e Mateo foron os goleadores dun equipo que ocupa a primeira praza do Play Off.

Pola súa parte, o Pabellón Promesas estivo metido durante moitos minutos no partido contra o Barbadás (2-6) correspondente ao Torneo Ourense Base. Ao descanso os visitantes xa mandaban no marcador (2-3) e na segunda parte ampliaron distancias. Os tantos chegaron por medio de Juan Andrés e 1 en propia meta. Os nosos son quintos na táboa.

Os dous signos nos equipos Prebenxamís