martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

Un rocoso Cea superou aos pabellonistas (1-0)

Segundo revés a domicilio do Pabellón CF da Terceira Galicia, ao caer no campo de O Lodairo (1-0) contra o CD Cea cun gol na primeira metade. Ángel detivo un penalti avanzada a segunda parte.

Partido moi intenso o que disputaron ambos conxuntos no Lodairo, no que os nosos comezaron mandando no terreo de xogo durante os primeiros vinte minutos. Parecía que os de Charli Álvarez podían sacar tallada desa situación pero foi a escuadra panadeira quen aproveitaría unha indecisón nun balón aéreo no área local para situarse por diante no marcador ao borde da media hora de xogo. Antes os pabellonistas reclamaran un penalti por mans dun defensor nun centro de Santi que o colexiado sacou fóra do área.

Co marcador en contra os pabellonistas disfrutaron de tres ocasións moi claras para nivelar a contienda nas botas de Santi e Caseiro e nun testarazo de Adrián Carid que se foi alto.

Na segunda parte uns e outros puxeron toda a carne no asador. Os locatarios facendo un esforzo grandísimo e sen contemplacións, para defender a vantaxe con uñas e dentes, e os branquiverdes na búsquede do marco rival para buscar o empate. Faltoulle remate e rematador aos de Charli Álvarez, que desaproveitaron un par de oportunidades ao tempo que os locatarios puideron sentenciar cun penalti que detivo Ángel. Ao final o marcador permaneceu inamovible. Ver ficha técnica.

A derrota deixa ao Pabellón na cuarta praza do grupo con 13 puntos e ocupando zona de ascenso. Ver clasificación. O próximo domingo reciben a visita do CD Espada nos Remedios.

Un rocoso Cea superou aos pabellonistas (1-0)