miércoles. 23.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 23.09.2020
El tiempo

ELECCIÓNS 2020

A actual Xunta Directiva non optará a un novo mandato

A entidade pabellonista ten aberto o proceso electoral co periodo de presentación de candidaturas ata o 5 de xaneiro para as Eleccións á Presidencia entre os socios de número e que concluirá coa Asemblea Extraordinaria que se celebrará o próximo 7 de xaneiro.

O actual presidente Juan Francisco López "Juanín", co resto da súa Xunta Directiva, non se presentará á reelección.

Despois de moitos anos ao fronte da entidade branquiverde os actuais dirixentes anunciaron que non optarían a un novo período de mandato ao entender que o seu ciclo xa rematou.

Soamente no caso de que non se presentasen alternativas entre os socios de número, o actual grupo directivo continuaría ata o 30 de xuño, data na que convocaría unhas novas eleccións.

Actualmente está aberto o proceso electoral para a presentación de candidaturas ata o 5 de xaneiro e será o día 7, cando debería formalizarse o nomeamento de novo presidente. No momento de redactar esta información non hai ningunha candidatura presentada.

 

A actual Xunta Directiva non optará a un novo mandato