martes. 16.07.2019 |
El tiempo
martes. 16.07.2019
El tiempo

CAMPUS FUNDACIÓN RC CELTA-PABELLÓN CF

Inclúe unha visita a Balaídos

O campo Miguel Ángel-Os Remedios acollerá unha nova edición do Campus de verán da Fundación RC Celta coa colaboración do Pabellón CF. Será na última semana do mes de xuño.

A actividade con adestradores do RC Celta, destinada a [email protected] de 4 a 14 anos, desenvolverase do 24 ao 28 de xuño en horario de 10 a 14 horas e o prazo de inscrición xa está aberto. As inscricións que se efectúen antes do 31 de maio terán unha segunda camiseta Adidas gratis. O peche definitivo de inscricións será o 16 de xuño. Ao igual que o ano pasado os deportistas terán unha visita ao Estadio de Balaídos.

Os deportistas do Pabellón Club de Fútbol, Pabellón Promesas, Escola de Iniciación e Escola Deportiva Ourense teñen un desconto sobre o prexo ao público en xeral. Para acceder á inscrición (descargar formulario) PINCHA AQUÍ. Para máis información pódese chamar ao teléfono 986213676 ou 900809242 (Gratuito).

Inclúe unha visita a Balaídos