
Parece que foi onte cando puxemos a funcionar os equipos do Pabellón C.F... Pero retrocedendo no tempo hai que lembrar que xa pasaron trinta e oito anos dende que fundamos este club en 1972.
Existía, nese intre, unha necesidade demandada pola sociedade que era a formación futbolística e por esa razón, desde o Concello, decidimos acometer ese proxecto que ,como moitos outros, era difícil e costoso. Non contabamos con instalacións nin cos recursos humáns pero aínda así decidimos que con tantos nenos que querían xogar ó fútbol había que facer algo...Puxémonos a traballar e comezamos a competir cos xogadores que iban chegando de todo-los barrios da cidade.
Ó cabo de tantos anos vimos medrar a centos de xogadores que agora prolongan a sua presencia, incluso coa dos seus propios fillos. Coa chegada das novas tecnoloxías e para ter toda a información deportiva posible, vimos de realizar esta páxina web.
A sua finalidade non é outra que os nosos equipos se vexan reflexados nela e que todo o mundo, e nunca mellor dito, poida conocernos. Queremos dende esta páxina dar a benvida a todo aquel que nos visite e que se poida facer partícipe dela en todo o que crea máis convinte. A todo-los que nos estades visitando, gracias por facelo e que a información que saquedes vos sexa de proveito.
Jose Luís López Iglesias
OUTRAS NOVAS
PÓDECHE INTERESAR