NOVAS
06.08.2012
O Xuvenil B entrou en escena
Twittear
Este luns comezou a traballar o Xuvenil B que competirá na Liga Nacional despois de obter o ascenso a pasada campaña. Será a segunda vez na que o segundo conxunto xuvenil da casa compite nesta categoría. Guillermo García e José Manuel Gallego, que repiten no apartado técnico, comezaron a traballar cun amplo grupo de vinte e cuatro futbolistas dos que sairá a plantilla definitiva. O primeiro partido amigable será este sábado nos Carrís co Barbadás B da 1ª Autonómica.
Miguel Rivera, Martín Caneiro, Iván Fernández, Fernando Cachaldora, Kevin Iglesias, Borja Rodríguez, Álvaro Cardero (continúan da pasada tempada); Julio Martínez, Xabier Roldán, Jordi González, Jorge Dopazo, David González, Jorge Manuel, Juan Carballo, Marcos Otero, Jorge Malingre, Marcos Pérez, Dani Gallego, Adrián Rodríguez, Germán Nóvoa e Iván Fraga (proceden do Cadete A). Están en período de proba Antón Álvarez, Dani González (Ponte) e Dani López (Arrabaldo). Esperase a incorporación en próximas datas doutros xogadores que xa estaban no club.
Galería de imaxes
OUTRAS NOVAS
PÓDECHE INTERESAR