NOVAS
26.06.2012
Datas comezo adestramentos
Twittear
Tendo en conta que a data de comezo das competicións da Liga Nacional Xuvenil e Ligas Galegas -cadetes e infantís- será a fin de semana 15 e 16 de setembro, o club ten previsto que os equipos que militan nesas categorías comecen os adestramentos o luns 13 de agosto:
Xuvenil A: 30 de xullo (19 horas)
Xuvenil B: 6 de agosto (20 horas) -foi modificada-
1ª Xuvenil: 16 de agosto -por confirmar-
Cadete A: 13 de agosto (20 horas)
Cadete B: 13 de agosto (19 horas)
Infantíl A e Promesas: 13 de agosto (18 horas)
Estas datas poderían sofrir pequenas variacións nalgún equipo en base as propostas que poidan facer os adestradores. Nos vindeiros días facilitaremos as datas de comezo dos adestramentos dos demais equipos pendentes das datas de comezo das competicións provinciais que presumiblemente se facilitarán no Plenillo do Fútbol Provincial que se celebrará en Ourense o 3 de xullo. Nesa situación atópase a data de inicio do 1ª Autonómica Xuvenil.
Galería de imaxes
OUTRAS NOVAS
PÓDECHE INTERESAR