Pabellón Promesas

NOVAS

11.02.2018

DH Cadete: Pabellón 3 Racing 1

Alberto detivo un penalti a cinco minutos do final evitando o empate dos ferroláns

O Pabellón CF da División de Honra Cadete impúxose ao Racing de Ferrol (3-1) nunha cita disputada no campo de Os Remedios. Os locatarios fixeron un bo partido no que a falta de gol fixo que a vitoria estivese no aire ata os minutos finais.

O partido tivo un comezo intenso no que os tantos de Xabi e José Ramón parecían encarrilar un partido no que os departamentais volveron a abrir ao recortar distancias antes de que se cumprise o primeiro cuarto de hora (2-1), marcador que se mantivo ata os instantes finais co terceiro gol branquiverde obra de Carracelas.

Unha das claves do partido estivo no penalti que detivo Alberto e que evitou a igualada a dous tantos cando faltaban cinco minutos para o remate do partido. Ver ficha técnica. Despois desta vitoria o equipo ocupa a terceira praza en solitario. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com