Pabellón Promesas

NOVAS

08.01.2018

LG Cadete: Calasancio 1 Pabellón "B" 2

Tres puntos de motísimo valor para os pabellonistas no campo dos Escolapios

Importante vitoria do Pabellón "B" (1-2) no campo dos Escolapios contra o Calasancio na xornada que pechaba a primeira volta da Liga Galega Cadete. Ao descanso o marcador era o que figuraba ao acabar o partido.

Na primeira parte poñeríase por diante o equipo franxiverde aos trece minutos nun claro penalti sobre José, que foi derrubado cando encarou en solitario ao porteiro local, decretando o colexiado a pena máxima que Santi tivo que transformar dúas veces xa que o árbitro madou repetir en primeira instancia por, supostamente, invadir a área.

O equipo local inquietaba a balón parado pero sería o conxunto visitante por medio de José o que poría terra polo medio co 0-2 a falta de sete minutos para o descanso. O Calasancio, a balón parado no último minuto da primeta parte, lograría recortar distancias 1-2.

Na segunda metade os pabellonistas puideron sentenciar o partido pero non houbo fortuna nas ocasións que tivo con tres tiros ao pau e dúas ocasións coa portería a pracer. O conxunto local a penas inquietou a portería ourensá, chegándose ao final do partido co 1-2 que se rexistraía na primeira metade. Ver ficha técnica. O equipo sutúase na sexta praza deste grupo sur. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com