Pabellón Promesas

NOVAS

29.12.2017

Nadal Prebenxamín: Decidiron os penaltis

A ED Ourense levouse o 25º Torneo Nadal Prebenxamín na final contra o Pabellón despois do empate (1-1) no tempo regulamentario

A ED Ourense proclamouse campioa do XXV TORNEO NADAL PREBENXAMÍN-GRAN PREMIO ACEITES ABRIL no que participaron dez equipos da 1ª Autonómica, ao superar na final na tanda de penaltis (1-1) ao Pabellón CF. Ambos había sido primeiros dos seus respectivos grupos. Os pabellonistas mandaron no marcador na primeira parte e o rival na segunda. Os primeiros habían eliminado nas semifinais ao Ourense CF (3-0) e os segundos ao Bosco (10-0).

Na consolación o conxunto colexial impúxose (4-0) ao cadro de Oira mentres que na loita pola quinta praza saiu vencedor a EDC Xinzo (1-0) na confrontación co EDC Barbadás, que acabou no sexto posto. O trofeo á Deportividade recaeu no FC Monforte e o premio ao Mellor Xogador foi para Daniel Calvo (Pabellón CF).

Ao longo dos 32 partidos anotáronse 103 goles, que superaron aos 78 que se anotaran noTorneo Benxamín, que a maiores tiña dous equipos máis. O torneo reuniu a un importante número de público nas bancadas do campo Miguel Ángel-Os Remedios, de maneira especial na xornada de tarde.

Para ver todos os resultados do torneo e o cadro final PINCHA AQUÍ.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com