Pabellón Promesas

NOVAS

22.12.2017

O trofeo benxamín foise a Xinzo

O cadro limiao superou na final (1-0) do 25ª Torneo Nadal Benxamín-Gran Premio Neumáticos Bertolez á EDC Verín

A EDC Xinzo de Limia proclamouse campión do XXV TORNEO NADAL BENXAMÍN-GRAN PREMIO NEUMÁTICOS BERTOLEZ no que participaron equipos da 2ª Autonómica, ao superar na final (1-0) á EDC Verín. Os primeiros habían eliminado nas semifinais ao CD Velle (3-1) e os segundo ao Pabellón CF (1-0).

Na consolación o conxunto pabellonista impúxose (3-1) ao cadro do Monte da Aira mentres que na loita pola quinta praza saiu vencedor (2-1) o Ourense CF na confrontación coa ED Ourense, que acabou no sexto posto. O trofeo á Deportividade recaeu no CD Velle e o premio ao Mellor Xogador foi para Eva Alonso (EDC Verín).

Destacar a gran igualdade que houbo na maioría dos partidos e de maneira especial na segunda fase de torneo, na que tres eliminatorias tiveron que resolverse na tanda de penaltis. O evento ofreceu 75 goles nos 28 partidos que se xogaron.

O torneo reuniu a un importante número de público nas bancadas do campo Miguel Ángel-Os Remedios, de maneira especial na xornada de tarde. O torneo tamén colaborou coa Operación Quilo que organizou a Asociación Xuvenil Amencer, coa recollida de 104 kilos de alimentos non perecedeiros.

Para ver todos os resultados do torneo e o cadro final PINCHA AQUÍ.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com