Pabellón Promesas

NOVAS

03.12.2017

DH Cadete:Pontevedra 1 Pabellón 1

Meritorio empate na Junquera para os de Cándido Gómez, que se adiantaron cun penalti na primeira metade

Meritorio empate (1-1) do Pabellón co Pontevedra dentro da División de Honra disputado no campo da Junquera, ao que parece que lle vai mellor xogar como visitante que como local.

O choque comezou con dominio dos de Cándido Gómez, cunha boa presión na zona central do campo impedindo a cómoda circulación do balón do rival. Neses roubos de balón os branquiverdes tiveron varias accións perigosas en ataque destacando sendo disparos de Osián e José Ramón que se foron fóra por pouco. Nesta liña de xogo chegaría o penalti sobre José Ramón que transformaría Carracelas no 0-1 co que remataría a primeira metade.

No segundo tempo cambiou o decorado xa que foi o Pontevedra quen apretaría máis na búsqueda do gol chegando a igualada nunha acción na que os branquiverdes reclamarían fóra de xogo. Posteriormente os granates quedaríanse en inferioridade numérica por unha expulsión e os pabellonistas pasaron a dominar e acollarrar ao rival na súa parcela. Gustavo tería a ocasión máis clara para que o equipo trouxese os tres puntos nun man a man co porteiro que abortaría a acción. Ao final reparto de puntos. Ver FICHA TÉCNICA.

Despois deste empate o equipo ocupa a quinta praza. Ver clasificación. O próximo mércores festivo (10.15 horas) recibe nos Remedios a visita do líder Celta en partido adiantado ao fin de semana ao viaxar unha vez rematado o partido o cadro olívico a un torneo á Rioxa.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com