Pabellón Promesas

NOVAS

03.12.2017

1ª Cadete: Metéronse no Play Off

Unha primeira metade plena de xogo e remate (4-0) do Pabellón Promesas permitiu o pase á segunda fase a costa do Arenteiro e a derrota do Xinzo

A última xornada da fase clasificatoria da 1ª Autonómica Cadete deixou a clasificación no Grupo 11º do Pabellón Promesas para o Play Off despois de superar con claridade (4-0) a un rival directo como o Arenteiro e tamén axudado pola derrota do EDC Xinzo no campo do líder Barbadás.

Os de Rubén García completaron unha primeira metade moi boa na que fabricaría a vitoria cun dobrete de Jorge e outro de Gallego. Na segunda parte os carballiñeses intentaron refacerse pero os locatarios estiveron herméticos en defensa e controlaron a situación para manter esa vital renda que obtiveran na primeira metade. Destacar a aportación dos catro infantís. Para ver a ficha técnica do partido PINCHA AQUÍ.

Composición do Play Off
Despois de xogarse a última xornada os dez equipos que xogarán o Play Off son os segunites: Barco, Arrabaldo, Velle, Ourense CF "B" e Calasancio "B" (Grupo 10º); Barbadás, Atlético Arrabaldo, Allariz, Celanova e Pabellón Promesas (Grupo 11º). Este luns coñecerase o calendario.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com