Pabellón Promesas

NOVAS

05.12.2017

Benxamís: Xornada discreta dos nosos

Houbo de todo na xornada para os nosos representantes nas dúas divisións de Benxamís. Unha vitoria, un empate e dúas derrotas foi o balance.

O Pabellón Promesas da 1ª Autonómica cedía no campo dos Remedios contra a EDC Verín (1-5) nunha cita na que os visitantes sairon moi fortes para marcharse ao descanso cunha renda vital (1-4). No segundo tempo os de Figo estiveron mellor e a diferenza física non se notaría tanto ao manter máis a posesión do balón. Guille fixo o gol local. Os pabellonistas son sétimos na táboa. Ver clasificación.

Mellor sorte correu o Pabellón CF nesta categoría ao desfacerse da ED Ourense no campo dos Salesianos de forma apretada (2-3). Os de Manuel Doval mandaban no marcador ao descanso (1-2) e na segunda chegarían a incrementar a distancia cun terceiro tanto. Nos últimos instantes acercaríanse os locatarios pero os pabellonistas apenas deron opcións. Iker (2) e Fabio foron os goleadores. O equipo segue encaramado na primeira praza. Ver clasificación.

Escasa fortuna na 2ª Autonómica
Nun campo prácticamente xeado ED Ourense "B" e Pabellón "B" fixeron táboas (3-3) no Colexio Miraflores. Ao descanso o marcador (2-2) xa predecía o desenlace final. Na segunda parte adiantaríanse os locatarios para empatar os de Rubén García no treito final. Ricardo, Aitor e Iker foron os goleadores. O equipo ocupa a cuarta praza do Grupo 46. Ver clasificación.

Enganoso marcador (7-3) para o Pabellón Promesas "B" na súa visita ao Celanova "B" nun partido moi disputado. Na primeira metade os de Peke foron superiores ao rival, que soubo aguantar, pero non sacaron a debida rentabilidade marchándose ao descanso con táboas (2-2).

No segundo tempo os pabellonistas sairon algo despistados e o rival aproveitouno para marcharse no marcador con dous goles nos dous primeiros minutos. Logo os branquiverdes intentaron engancharse ao partido pero non houbo forma cedendo máis terreo nos instantes finais. Brais, Lucca e Gabriel anotaron os tantos. O equipo ocupa a quinta praza no Grupo 45. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com