Pabellón Promesas

NOVAS

28.11.2017

Alevís: Bo balance para os nosos

Tres vitorias e unha derrota, de penalti no último minuto, foi o saldo da xornada do pasdo fin de semana para os representantes pabellonistas nas dúas divisións de alevís.

O Pabellón CF da 1ª Autonómica segue sen ceder terreo e nesta ocasión superraba con facilidade (6-0) ao Calasancio  no campo dos Remedios. Os locatarios, que levaron sempre a iniciativa, xa mandaban ao descanso do partido despois de anotar catro tantos.

Na segunda metade chegarían dúas novas dianas para completar o marcador. Neira (5) e Álvaro foron os goleadores. Destacar que o equipo segue sen recibir un gol despois de nove xornadas liderando en solitario a categoría. Ver clasificación.

Pola súa parte, O Pabellón Promesas vencía (1-9) no campo de Eiroás ao Santa Teresita. Os branquiverdes tiñan moito camiño avanzado ao final da primeira metade (1-4) e na segunda ampliaron distancias con cinco novos tantos. Os goles chegaron por medio de Adrián (2), Ismael (2), Antón, Guzmán, Quintas, Xabi e 1 pp. O equipo é sexto na táboa clasificatoria a dous puntos da zona de fase galega. Ver clasificación.

En canto á 2ª Autonómica os equipos viviron a cara e a cruz. O Pabellón "B" sumaba os tres puntos no campo da Granxa diante do Verín "B" (1-6). Nun partido máis competido do que indica o marcador, a pegada dos de Jesús Rivera foi mortal para o rival. Ao descanso os pabellonistas mandaban con dous goles e na segunda parte acabarían redondeando a vitoria. Adrián (3), Páramo, Xabier e Álex Castilla anotarían os tantos. O equipo lidera o Grupo 46º despois de tres vitorias. Ver clasificación.

No Grupo 45º da división de prata o Pabellón "C" caía no último minuto (2-1) e de penalti na súa visita á ED Ourense "B" no Colexio Miraflores. Ao descanso o marcador era de empate a un tanto despois de que Marcos Queija neutralizase o tempraneiro tanto dos locatarios. Nun toma e daca na segunda metade con ocasións para uns e outros, unha pena máxima nos último instante acabaría decidindo o choque deixando aos de Xabi Pereira sen premio. O equipo é sétimo no grupo. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com