Pabellón Promesas

NOVAS

28.11.2017

1ª Infantil: Derrota do Pabellón "B" en Eiroás

O Santa Teresita mandou na primeira metade con dous goles e despois de empatar na segunda, os branquiverdes cederon nos instantes finais (3-2)

O Pabellón "B" xa sabe o que é perder na 1ª Autonómica Infantil despois de perder a súa condición de invicto tras nove xornadas gañando. Caer no campo de Eiroás (3-2) contra o Santa Teresita.

Os branquvierdes non sairon moi metidos no partidos e aos cinco minutos encaixaron o primeiro tanto. Despois duns minutos de certa desconfianza os branquiverdes fixéronse co mando da situación pero serían os locatarios quenes ampliaron distancia co segundo pouco antes do descanso.

Na segunda parte o equipo pabellonistas mellorou considerablemente ata o punto de chegar a neutralizar o marcador cos tantos de Álex Blanco e Vilachá. Sen embargo, cando parecía que os de Dani Delgado podían facerse cos tres puntos, o Santa Teresita asestou un golpe mortal co 3-2 nunha contra nos minutos finais para acabar levéndose a vitoria.

A derrota non empaña a excelente traxectoria do equipo nesta Fase Clasificatoria do Grupo 10º no que ocupa a segunda praza. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com