Pabellón Promesas

NOVAS

28.11.2017

1ª Infantil: Cómodo triunfo do Promesas

Superou no campo dos Remedios ao Calsancio "B" con dous goles na primeira metade e tres na segunda (5-0)

O Pabellón Promesas disputou a última xornada -descansa na próxima- da Fase Clasificatoria da 1ª Autonómica Infantil na que superou (5-0) ao Calasancio "B" no campo dos Remedios.

Ao final da primeira metade os branquiverdes xa mandaban no marcador cos goles de Alcantarilla e Joel Núñez froito da súa maior iniciativa no campo que o rival. Na segunda metade chegarían tres novas dianas locatarias -Joel Vázquez, Joel Núñez e Isaac- para ampliar a vantaxe.

O equipo comparte a primeira praza do Grupo 11º coa ED Ourense, que con toda probabilidade será o que ocupe finalmente esa privilexiada posición. A continuación chegará o Play Off final. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com