Pabellón Promesas

NOVAS

11.11.2017

LN Xuvenil: Merecida e sufrida vitoria

O Xuvenil "A" mandou na primeira metade no campo e foise ao descanso con dous goles de vantaxe para sufrir na segunda (1-2)

O Pabellón superou a domicilio ao Santa Mariña (1-2) acabando cunha racha de catro xornadas consecutivas sen puntuar lonxe dos Remedios na Liga Nacional Xuvenil.

Os branquiverdes fabricaron a vitoria no campo de Cotogrande nunha primeira metade na que tiveron o control total do partido. Froito desa situación Carlos Villar inaugraba o marcador aos dez minutos ao culminar unha acción de estratexia e o propio xogador carballiñés ampliaría distancias ao transformar un claro penalti. Con esa renda chegaríase ao descanso.

Na segunda metade o Pabellón saiu titubeante e o Santa Mariña aproveitouno para recortar distancias aos oito minutos. Os quince minutos seguintes os locatarios dominaron o xogo pero sen ocasións claras. Pasado esa fase os branquiverdes refixéronse e tiveron tres claras ocasións para matar o partido con accións man a man co meta local nos pés de Óscar Bravo, en dúas ocasións, e Raúl. A falta de definición fixo que o equipo tivese que sufrir ata o final con accións a balón parado do rival na que a zaga ourensán resolveou con solvencia e que permitiu sumar os tres puntos nun campo difícil.
 
O equipo é quinto na táboa con 19 puntos a seis dos postos de ascenso despois do revés do Vitoria co Deportivo nun grupo no que Ural marca o ritmo. Ver clasificación. Para ver a ficha técnica do partido PINCHA AQUÍ. Na próxima xornada o Pabellón recibe o sábado (16 horas) nos Remedios ao CD Lugo "B".

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com