Pabellón Promesas

NOVAS

12.11.2017

LG Xuvenil: Pabellón "B" 2 A Seca 2

O Xuvenil "B" tivo que conformase co empate nos Remedios ante un incómodo rival que chegou a remontar o gol inicial dos locatarios

Reparto de puntos (2-2) no campo dos Remedios entre Pabellón "B" e A Seca nunha nova xornada da Liga Galega Xuvenil.

O cadro local comezou moi ben o partido e disfrutando de claras ocasións ante, neses momentos, endeble defensa rival. A máis clara estivo nos pés de Abraham, que só ante o meta pontevedrés disparou fóra cando se cantaba o gol. Pouco máis tarde, ao borde do cuarto de hora, o dianteiro local adiantería aos seus facendo xustiza ao que estaba acontecer no terreo de xogo. Parecía que podía chegar un triunfo cómodo pero non foi así.

Sen embargo, as cousas cambiaron cando tres minutos máis tarde un disparo lonxe dun adversario devolvía as táboas ao marcador. Con este tanto o equipo perdeu en confianza e o rival comezou a refacerse e a levar perigo á portería branquiverde nunha fase na que os de Anxo Valcárcel non conseguían trenzar ben o xogo con varias imprecisións tamén provocadas pola presión dos visitantes. Ata a recta final do partido non retomaría o mando o Pabellón pero sen consecuencias no marcador marchándose ambos conxuntos ao descanso con empate a un tanto.

Na segunda parte as cousas torcéronse para nos ourensáns ao encaixar o segundo gol do A Seca aos seis minutos. A partir de ahí o partido entrou nun ir e vir dunha a outra portería aínda que a medida que avanzaban os minutos o dominio local foise acentuando pero sen fluidez no tramo final, en parte por la aguerrida defensa visitante. Mediado o segundo acto Brais conseguiría o empate e abriu un raio de esperanza de cara á unha vitoria que finalmente non chegaría.

Despois deste empate o Pabellón "B" é terceiro na táboa con 22 puntos, a tres do primeiro posto. Ver clasificación. Para ver a ficha técnica do partido PINCHA AQUÍ.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com