Pabellón Promesas

NOVAS

12.11.2017

1ª Xuvenil: Arenteiro "B" 0 Pabellón "C" 4

Un gol nos últimos minutos da primeira parte e tres na segunda facilitaron o triunfo na Uceira

Cinco vitorias consecutivas acumula o Pabellón "C" da 1ª Autonómica Xuvenil despois de vencer no campo da Uceira ao Arenteiro "B" dentro do Grupo 10º.

A cita foi un pouco rara. Na primeira parte o equipo saiu con demasiadas presas por resolver e iso levou a moitas imprecións nos pases que facilitaron a labor defensiva do rival. De todos os xeitos un gol de Otero a tres minutos do descanso permitiulle ao equipo marcharse ao descanso con vantaxe.

Moveu pezas Miguel Alonso de cara a segunda metade o que tivo rápidamente premio co tanto de Mateo aos tres minutos. O equipo gañou en tranqulidade e tiña o partido controlado diante dun adversario sempre moi ordeado e que soamente baixou os brazos nos últimos instantes para que Marcos e Iago Varela aumentansen a diferenza no marcador.

Destacar o feito de que os branquiverdes soamente levan encaixados dous goles en oito xornadas. A nota negativa a expulsión por dobre cartón amarelo de Maside. Para ver a ficha técnica do partido PINCHA AQUÍ.

O Pabellón é segundo na táboa con 21 puntos, o mesmo que o líder que ten dous partidos máis xogados. Ver clasificación.

 

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com