Pabellón Promesas

NOVAS

12.11.2017

DH Cadete: Terceira vitoria a domicilio

O Cadete "A" segue forte lexos dos Remedios ao derrotar (2-4) ao Areosa nunha gran segunda parte

Terceira vitoria a domicilio do Pabellón da División de Honra Cadete ao vencer (2-4) ao Areosa no campo da Xunqueira.

Comezaron ben as cousas para os pabellonistas xa que aos dous minutos xa mandaba no marcador cun tanto de Xabi. Se embargo, o cadro vigués tomaría o mando do partido e os de Cándido Gómez cedían máis terreo cada minuto que pasaba ante o empuxe dos locatarios, que despois de varios avisos conseguían empatar cun penalti á media hora de xogo chegándose ao descanso con ese resultado.

Veulle ben o descanso ao Pabellón, que moveu pezas no seu sistema e adiantou liñas para sacarlle a iniciativa aos vigueses e deulle resultado. No ecuador deste segundo acto o equipo anotaría dous goles nun espazo de dous minutos por medio de Marco e Xabi que resultou un duro golpe para o Areosa. A partir de ahí os pabellonistas controlaron a situación para completar un estupendo segunbdo tempo na que Osian puido incrementar distancias nun man a man co meta olívo. Sen embargo, foron os locatarios quenes anotaría o segundo nos últimos instantes aproveitando un fallo defensivo. Para ver a ficha técnica do partido PINCHA AQUÍ.

A vitoria deixa ao equipo na terceira praza da categoría con 22 puntos por detrás dos poderosos Celta e Deportivo. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com