Pabellón Promesas

NOVAS

13.11.2017

Alevís: Destacou o derbi caseiro

A xornada da pasada fin de semana nas dúas división de alevís estivo marcada, ao igual que en benxamís, polos derbis "caseiros" de 1ª Autonómica. Na 2ª Autonómica comezou a 2ª fase.

Na 1ª Autonómica o Pabellón CF impúxose ao Pabellón Promesas (4-0) nun partido no que os primeiros levaron maioritariamente a iniciativa aínda que Ismael tivo unha gran ocasión para adiantar aos de Abel Afonso pero Raúl evitou o gol. Ao descanso os de José Dopazo xa mandaban no marcador despois de anotar tres goles e na segunda metade chegaría o cuarto. Ibai, Neira, Álvaro e Antón marcaron os tantos.

Despois de sete partidos o Pabellón CF lidera a táboa con 21 puntos ao tempo que o Pabellón Promesas, cun menos, é sexto con 10 puntos. Ver clasificación.

En canto á 2ª Autonómica o Pabellón "B" comezou con solvencia (0-5) a 2ª fase do campionato no Grupo 46 cun triunfo holgado no campo Luis Bodegas contra o Monforte. Ao final do primeiro tempo os de Jesús Rivera xa anotaran dous goles e na segunda incrementaron a vantaxe con tres máis despois de crear moitas ocasións. O equipo soubo adaptarse ás reducidas dimensións do campo. Adrián (2), Álex Riveiro (2) e Unai anotaron os tantos. Ver clasificación.

Peor fortuna correou o Pabellón "C" na visita á UD Ourense "C" campo do Colexio Miraflores (6-1) dentro do Grupo 45. A cita era moi complicada para os de Xabi Pereira xa que os locatarios son líderes do grupo cun pleno de vitorias. Ao descanso o marcador era de 3-1 e na segunda parte chegarían tres novas dianas. O equipo ocupa a sexta praza con 6 puntos. Ver clasificación.


Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com