Pabellón Promesas

NOVAS

13.11.2017

Benxamís: Tamén houbo derbi

Ao igual que en alevís, a xornada dos nosos representantes benxamís tamen gozou do derbi entre "irmáns" da 1ª Autonómica. Tamén comezou a 2ª fase na 2ª Autonómica para o Pabellón "B".

O Pabellón CF impúxose (5-1) con claridade ao Pabellón Promesas no derbi de 1ª Autonómica. Ao descanso os de Manuel Doval xa mandaban con solvencia (4-1) e a segunda metade estivo máis equilibrada pese ao gol dos primeiros nunha fase na que is de Figo dderon un bo tono plantando batalla.

Despois de sete xornadas cun pleno de triunfos o Pabellón CF é líder con 21 puntos. Pola súa parte, o Promesas é quinto con 12 puntos. Ver clasificación.

Comezou a 2ª fase na 2ª Autonómica coa presenza dun Pabellón "B" que iniciaba a competición con bo pé ao vencer á SD Nogueira (4-1) no campo dos Remedios. Os de Rubén García resolveron a cita con dous tantos en cada tempo contra un rival moi correoso que marcou na úñtima acción. Aitor (3) e Breogán anotaron os goles. Ver clasificación.

No Grupo 45 da división de prata o Pabellón Promesas "B" cedía no campo dos Remedios co Barbadás "B" (3-4). Os de Peke chegaron a ter dous goles de renda nos primeiros cinco minutos pero que os visitantes neutralizarían antes do descanso.

No segundo tempo as forzas estiveron máis equilibradas e o equipo que cometeu menos erros, o Barbadás, levouse a vitoria. Yago (2) e Martiño anotaron os tantos. O equipo é quinto na táboa con 10 puntos despois de seis xornadas. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com