Pabellón Promesas

NOVAS

07.11.2017

1ª Cadete: Morreron na orilla

O Cadete Promesas cedu nos últimos minutos (2-3) despois de neutralizar dous goles de vantaxe dos alaricáns, que se levaron a vitoria no último instante

O Pabellón Promesas acabou morrendo na orilla (2-3) no seu compromiso co Allariz do Grupo 11 da 1ª Autonómica Cadete xogado nos Remedios.

Os de Rubén García perderon un partido que houbo que velo para creelo. O cadro visitante soubo aproveitar cada ocasión que pisou o área local para marcar ao tempo que os locatarios necesitaron un carrusel de ocasións para perforar a meta rival.

Ao descanso os visitantes tiñan unha renda de dous goles e na segunda parte os pabellonistas chegaron a nivelar o marcador cos goles de Javi e Antón, pero cando o partido estaba prácticamente finiquitado un tanto el fóra de xogo non sinalado polo colexiado permitiu que o Allariz se levase un excesivo premio dos Remedios.

A derrota deixa ao equipo na cuarta praza do grupo con 15 puntos. Ver clasificación. Para ver a ficha técnica do partido PINCHA AQUÍ.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com